terça-feira, 18 de junho de 2019

Viva o verán!

Aínda que a chuvia non nos deixe imaxinalo, o verán xa está aquí. E con el o tempo para ler e escoitar música. Así que elabaoramos as nosas recomendacións para gozar no e do verán. 

Lembrade! Toalla, crema solar, sombreiro e libro. Ou paraugas, botas de plástico, impermeábel e libro. Segundo veña o tempo. 

Podedes descargalas aquí







domingo, 9 de junho de 2019

Inauguramos!

E, para acabar o ano, presumir do traballo ben feito e partillalo coa comunidade.

Repartimos o traballo de difundir o noso renovado Museo Xesús Ferro Couselo.

En 6ºA EP encargáronse de deseñar o cartaz anunciador. Como os equipos traballaron tanto, tivemos as profas a responsabilidade de decidir cal ía representar o proxecto.

Na variedade está o gusto!

Este é o gañador: xa podedes vir!!
Tamén prepararon o tríptico informativo que entregaremos ás visitas que cheguen para ver o museo: 






O alumnado de 5º EP encargouse no anuncio televisivo:




O alumnado de 4º EP, experto en comunicación, elaborou a cuña de radio que, ademais, foi emitida por RadioEstrada.

E como lles gustou tanto o noso proxecto, convidáronnos a contalo en directo no seu Magacine A Galería 2.0. Podedes escoitar a entrevista aquí, a partir do minuto 75, aproximadamente.


As nosas portavozas de camiño á radio: Marta de 1ºEP, Lara de 3º ESO e Natalia de 5ºEP.

O alumnado de 1º EP deseñou os convites que chegaron a todas as casas e ás amizades que temos no mundo fóra. 

Tivemos modelos diferentes!!

O alumnado de 4º EP convertiu o logo en coloridas chapas para regalar ás visitas: 

O antes e o despois.

E o alumnado de Informática de 4º ESO deseñou a páxina web onde aloxamos todos os nosos traballos. 




Se alguén non soubo da inauguración, foi porque non quixo!





Museo Novo, logo novo.

A última carta do Booking neste curso foi para propor o Concurso para escoller o Logo do Museo Xesús Ferro Couselo. 

A carta que chegou ás clases... e á sala de profesorado.


Finalmente tivemos dúas propostas gañadoras: 


  • a fechadura que creou o grupo de 5B de EI. 


A porta misteriosa deu moito xogo!



  • os ollos curiosos que inventou Federico Portas de 4ºA de EP. 


A curiosidade e a alegría de aprender.

Decidimos que imos usar os dous, o primeiro como Logo xeral e o segundo, máis lixeiro,  para a documentación




Gústanos a nosa Biblio...

...e sabémolo porque a utilizamos en substitución das aulas.

Aínda non acabamos de reorganizala, pero xa preferimos vir traballar para ela e estar nas clases.

A verdade é que nos está a quedar moi versátil e cómoda...

Temos mesas para traballar en equipo...
O recanto novo permite conversas e acordos...
Traballar sentadas no sofá non é igual que nunha cadeira. Porfavoriño!
E podemos recolocar todo segundo as nosas necesidades!
A verdade é que agora baixamos seguido!!

Imaxinade cando esté acabada!!



Ai, o Museo!!

Ai, que se nos bota o tempo enriba! O curso vai calmo e tranquilo, mas pasan as vacacións de primavera e descobrimos que non nos chegan as horas para todo o que temos que facer... 

O museo!! 

Queremos inauguralo antes das vacacións de verán. Mercamos móbeis novos, nas clases traballamos todas as pezas que adoptamos, fixemos obras de mellora, enviamos as pezas de madeira a fumigar, para evitar a couza... 

E...

aínda estamos así!! 

Temos que recolocar todas as pezas no seu lugar...
Imos indo, pero non é fácil, que temos moitos fondos!
Chegaremos a tempo??? 

Ai, que temos que acomodar todo!

Por fin temos as obras finalizadas. En maio nos pillaron. Case sen tempo para gozar o fin de curso!

Así que levamos varios recreos a traballar como tolas para reorganizar o espazo...

Estantes colocados. Libros ao seu (novo) lugar!
Que tal esta estantería aquí? Noutro lugar?
Na estantería nova  e enorme, recolocar toda a LIX
Na outra nova e case enorme, todas as Ciencias da Natureza...
A cousa vai indo!!
Ese non é de aquí. Lévao para o fondo, onde os da ESO....
Por orde alfabética! Por orde alfabética!
Temos un moble novo para pelis e música...
E un recanto novo de lectura e xogo...
A ver, a cousa vai indo... 

Que marabilla de espazo nos está a quedar!!










Traballamos na Biblio

Aínda que a Biblio está patas arriba por culpa das obras do Escorial, iso non impede que poidamos utilizala igualmente para as nosas actividades. Ao contrario, onde imos producir os nosos documentais se non é aí. 

Como o alumnado de 5º EP, que anda a gravar a historia do cine para o Museo Xesús Ferro Couselo e entre móbeis e trastos encontra espazo para contar o seu conto....

Cando hai alfombra, quen necesita mesas?!
Con sacar a vasoira do marco de gravación, é suficiente...
Booking sempre está no seu agocho a dormir, mais cando ve movemento como este, adora saír e ocupar o seu espazo (para continuar a dormir, iso si)

O Booking é un pouco presenteiro...
Sempre quere estar no medio da romaría! 






E falamos para o mundo!

Na revista Aulas Libres, do STEG, pedíronnos que contáramos do noso traballo na BiBlio e da importancia que lle damos para a vida do centro e a aprendizaxe. 



Aquí podedes ler o que contamos. 






17M: regueifar reguefarei

Regueifar regueifarei
a vida do antoniño
entanto na escola reste
unha nena un neno e un tempiño...

E que mellor para coñecer ao Antonio Fraguas, a súa vida, a súa importancia e as expos oficiais que nos enviou a Consellaría, que elaborar unha liña do tempo regueifada?

Pois para iso serviu a serpe amarela que decorou a entrada da escola. 

O alumnado do Club traballando duramente...
A serpe regueifada
En cada data importante, unha copla.

Ai, a guerra!


17M: a cobra de Antonio Fraguas

Este ano tivemos moita sorte, pois todo nos cadrou ben. Tiñamos como tema transversal no curso o De boca a orella: a tradición oral e dedícanlle o Día das Letras Galegas a Antonio Fraguas, que fixo boa parte do seu traballo recollendo contos, lendas e coplas da tradición oral galega. Tiñamos como proxecto de investigación da Biblio o d'O Museo sae do armario e o Antonio Fraguas é un dos fundadores do Museo do Pobo Galego, ao que lle copiamos a idea de adoptar pezas. 

Algo tiñamos que facer para o 17M...


Como os Bolechas nos contaron que Antonio Fraguas gostaba das serpes e sabía moitas historias sobre elas, decidimos que unha das cousas que habiamos de ter na entrada do cole era unha cobra xigante e o seu penedo cheo de petróglifos. 

E puxémonos mans á obra! 

O primeiro petróglifo
Non hai como darlle un xiz a un alumno!
Petróglifos de todos os estilos e épocas....
E alumnado de Primaria e Secundaria...
Así quedou a cobra. Aí ao lado, explicamos que fixemos con ela.



quinta-feira, 6 de junho de 2019

Donas de Si: Ánxela Ruiz Robles

Como participamos do Programa Donas de Si, dentro do Plan Proxecta, a Secretaría Xeral de Igualdade ofreceunos a posibilidade de contar cunha sesión a cargo da editora Lela, falando e deseñando algunha das mulleres da súa colección Mulleres Galegas.

Como en 2º EP, dentro do proxecto do Museo, adoptaron a máquina de escribir e investigaron a historia da escritura, decidímonos pola figura de Ánxela Ruiz Robles, inventora do precedente do libro electrónico. 

E alá viñeron contador e ilustradora a falar para nós desta inventora. 

O libro que escollemos para traballar
Contando dela á rapazada
Xúrovos que é verdade!



Super-autora

Algunhas profesoras do centro e algún que outro alumno, non sabían que tiñan de compañeira ou mestra unha famosísima escritora, gañadora de grandes premios e eterna futura candidata ao premio Nobel. 

E decidiron organizar unha mini-exposición coa obra completa para difundir a súa excelsa figura á comunidade, previa acción de chantaxe: ou nos deixas material ou facemos nós a biografía. 

E claro, a profa cedeu. Non ía ceder!

Preparando o asunto.
Aínda fixo libros a suxeita!!
A verdade é que é bonito que a traten así a unha...