Booking fixo outra proposta para animar ao alumnado a coñecer e investigar o Museo.
Nun recreo apareceu na entrada do centro ese estraño obxecto:
|
A ver, listas, que é? |
|
Nariz e ollos ten |
|
E uns moños estilo princesa Leia, tamén. |
Booking é boa xente, e deixou algunha pista para favorecer o traballo das investigadoras.
|
A ver, que é? |
Realmente o obxecto deu que falar e que mirar...
|
Fuchicando para saber... |
|
Ábrese? Que material é? |
|
As pistas daban máis que falar que axuda real... |
|
e continuamos a fuchicar! |
Finalmente que foi? Houbo gañadora?
Houbo. Carla Abal, de 1ºESOA soubo que era unha lanterna máxica. O mellor é que o soubo pola súa aboa, que deduciu que podía ser pola descrición da neta.
Sem comentários:
Enviar um comentário