quinta-feira, 27 de outubro de 2016

O mes do Medo: as visitas á Exposición.

Unha vez argallado o Corredor do Medo na Biblioteca, toca darlle uso.

A proposta aos grupos foi a de facer a visita, acompañada dalgunha das seguintes actividades, unha sinxelas, outras máis elaboradas, ao gusto das consumidora:
  • Hora de ler terrorífica: o alumnado fai a visita, escolle un volume, lévao á Biblioteca, le e cando acaba a sesión devólveo ao seu lugar na Expo.
  • Lemos un conto de medo: aproveitando a escuridade, facer a visita escoller un conto, e lelo para o grupo às escuras, sentad@s tod@s no fondo do corredor.
  • Sesión de contos de medo: levar pensados contos e historias de medo e facer unha sesión de contacontos á luz das lanternas.
  • Visita e reserva de libros: se durante a visita algún alumno ou algunha alumna mostra interese por un dos documentos expostos, pode reservar o seu préstamo cando acabe a exposición, nun cadro que teredes enriba da mesa de préstamo, dentro da Biblio. Anotades nen@, curso e número de rexistro do documento.

Hoxe tocoulle a vez às nenas e nenos de Educación Infantil, que van de valentes pola vida, si, mais só cando a luz está prendida...


... porque cando a apagamos...



Ouh! continúan a ser valentes!!!

Que fracaso de Samaín!!!



terça-feira, 25 de outubro de 2016

Mes do Medo: a exposición.

Estas semanas andamos moi ocupadas na Biblioteca. 

Nos recreos de secundaria montamos uns obradoiros clandestinos de decoración samaínica, e nas titorías de primaria argallamos maneiras de representar o medo. 

A facer fantasmas...
...aínda que non o pareza!
As cabazas-globo deron ben de traballo!
...menos levaron a arañeira ou os morcegos dormentes.
Decoramos as xanelas para asustar o patio de Infantil, hehehe!


Seleccionamos os fondos terrorícos...

...porque recortar gatos negros e cabazas está ben, mais o obxectivo é mobilizar e difundir os libros, as películas, as músicas, que temos na biblio... 

Organizamos a exposición por temas...
no cemiterio bibliotecario.
A casa das malditas bandas deseñadas

Decoramos o corredor terrorífico... 

Con pantasmas chegadas de segundo EP...
 
Arañas chegadas de terceiro EP

 
... e de quinto EP...

 
...como o resto de portas...

...monstruosas!


E oscurecemos todo. 

Na visita para coñecer os libros: obrigado o uso de lanternas!!

Colle a túa!!
Non escoitas algo?
Ai, acabo de sentir unha sombra....

Que medo!!



segunda-feira, 17 de outubro de 2016

O mes do Medo

A Bruxa Regañadentes!

 

Un clásico do terror, O corazón delator de Edgar Allan Poe, en versión tamén clásica:



E o máis moderno, Tim Burton:



E un conto en defensa dos animais:

domingo, 9 de outubro de 2016

Club de Lectura As Campaíñas: comezamos!

O mércores pasado, durante os recreos tivemos as xuntanzas informativas para ver a posibilidade de refundar o Club de Lectura As Campaíñas, como anunciamos polas aulas. 


Finalmente, contaremos con dous grupos: un integrado por alumnado de 1º ESO e outro con rapazas e rapaces de 4º a 6º de Primaria

Reunirémonos, de maneira alterna, unha semana unhas, outra semana outras, os martes, de 14.30 a 15.30.  E comezaremos este martes 11 de outubro, o grupo da ESO, comentando a nosas lecturas de verán. 

Lembrade, a profe leva o petisco!