Mostrar mensagens com a etiqueta club de lectura. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta club de lectura. Mostrar todas as mensagens

segunda-feira, 7 de junho de 2021

17M: a poesía para Infantil

 - E xa que vén aí o Día das Letras non podemos voltar a Infantil a ler outro conto??

- Queredes? 

- Dixeran que podiamos voltar cando quixeramos... 

- Foi amabilidade.

- Foi convite.

- Podemos ler Frederick!!

E negociamos. E alá fomos novamente co rato Frederick ao lombo, para aprender a importancia da poesía á meniñada de Infantil. 

Unhas e outrxs adoran a actividade



Atentxs ao conto

As futuras mestras propuxeron outra actividade

...que a rapazada completou ben contenta


Club de Xaponés

 No centro temos un grupo de lectores e lectoras de manga bastante apaixonado. temos manguistas e mesmo mangakas a probar sorte coa ilustración. Así que, como lles vimos moito interese pola cultura xaponesa, incorporamos aos fondos estes dous libros: 



O problema chegou á hora do empréstito: dous libros, dez reservas... Que facer!

- Por que non os compartimos e facemos un Club para poder aprender xuntxs?? 

Meu dito meu feito. 

Colocaron cartazes polo centro...

Cristina mesmo nos prepara apontamentos

E xuntámonos nos recreos para aprendermos xaponés....

Arigato!!



23A: compartimos lecturas

 - Profe, para a semana é o Día do Libro

- Sei

- E por que non imos ás aulas de Infantil a lerlle un conto á rapazada?

- queredes?

- Siiiiiii!

E o alumnado do Club de Lectura escolleu un álbum, preparou a lectura, e argallamos coas mestras de infantil pasarnos por alí para ler. Ler un libro.

O elexido foi Ola, son un bicho bóla, de Elvira Ribeiro.

Parte do grupo lector
Dividímonos por grupos: tres en cada clase


Alunha pediu ir ao grupo da irmá pequena...

outras mesmo prepararon monicreques

E mesmo ficha de traballo!

Meniñada atenta...



Día divertido!

Máis non só contan as grandes ás pequenas. O grupo de 4B de Infantil, integrado no Plan Proxecta Voluntariado Miúdo, preparou o seu conto para partillar cos/coas usuarixs do Centro de Día. Podedes ver no web do centro o marabilloso resultado. 

domingo, 9 de junho de 2019

17M: regueifar reguefarei

Regueifar regueifarei
a vida do antoniño
entanto na escola reste
unha nena un neno e un tempiño...

E que mellor para coñecer ao Antonio Fraguas, a súa vida, a súa importancia e as expos oficiais que nos enviou a Consellaría, que elaborar unha liña do tempo regueifada?

Pois para iso serviu a serpe amarela que decorou a entrada da escola. 

O alumnado do Club traballando duramente...
A serpe regueifada
En cada data importante, unha copla.

Ai, a guerra!


quinta-feira, 6 de junho de 2019

Contra a censura

A xente da Biblioteca Escolar Punta Candieira, de Cedeira, veu unha das súas exposicións, inspirada após un obradoiro de poesía con Carlos Negro, censurada porque alguén non gostou dalgún dos seus poemas. 

Lemos o poema no Club de Lectura das maiores, e pensamos que debiamos posicionarnos, pois ante todo, debemos estar do lado da liberdade creativa e de opinión. 
A decisión final foi visibilizarmos na nosa escola o texto que alguén non quería que fose lido. 

E adicamos ao asunto un par de recreos. 

O poema censurado 

Original e copia en marcga.
Odiamos a censura.

terça-feira, 4 de junho de 2019

Una piñata para Booking

Como teoricamente este ano imos realizar as últimas obras de remodelación da Biblioteca, pensamos que sería boa idea facer unha piñata adicada ao booking, que presidira o local durante o curso e que poidéramos rachar cando a inauguración, a final de curso. 
Así, coa colaboración da mamá de Mariña e André, Irene, organizamos un 

Obradoiro de Piñatas


Quedamos o mércores 29 de novembro, pola tarde, na hora de apertura da Biblio, todo o alumado do Club de Lectura que quiso asistir. 
Irene foinos explicando todos os pasos que debiamos dar e nós, boísimas, fomos cumprindo as encargas que nos facía.

O primeiro, cortar tiras de papel. Moitísimas!
E cortar tamén tiras de cartón. Moitísimas, tamén.
Unha vez cortado, abrandar o cartón para que sexa flexíbel.
Iso faise acariñándoo con moito amor e firmeza.


Imos grampando as tiras de cartón...
... para darmos forma á cabeza do Booking.
Non podemos esquecer colocar o cordeliño de pendurar do teito
E. con cola de carpinteiro, comezamos a encher a estrutura coas tiras de papel.
E veña a pegar papel!
Hai que ir cortando tiras de papel de seda, para a decoración exterior...
De verdade que de aquí vai sair un tigre???
O tempo do obradoiro acabou. Decidimos deixar secar a estrutura e pegar as cintas finais outro día. parecerase ao booking, esta piñata? 



25N: Pensas o que dis?

Todos os anos, para o 25N, Día contra a Violencia de Xénero, preparamos unha exposición de fondo que recomendamos para ler/ver/escoitar e traballar nas aulas e nas casas e nas rúas e nos parques. 

Temos materiais para todos os niveis e todas as idades...
E alumnas interesadas en saber máis!
Pero este ano quixemos darlle unha volta á actividade do día e reflexionar sobre o que acontece no noso entorno máis inmediato. Dunha conversa xurdida no Club de Lectura das grandes, decidimos facer unha listaxe de frases e comentarios que as mozas e nenas da escola escoitan no día a día, proferidas por amizades, familia, colegas, parellas... por tantas de nós!!

Decidimos anotar comentarios positivos e negativos... positivos?
E partindo deles, traballando en secreto durante os recreos (viva o activismo!) e en colaboración coa profe de Plástica, elaboramos carteis que recollían as frases que nos pareceron máis significativas e impactantes. 

Traballo en equipo!
Moito calcamos e pintamos!
O día 25 de novembro, no primeiro dos tres recreos, ceibamos as frases no patio. Todas elas. Mesmo as insultantes.

Pensamos o que dicimos?
En serio?
De verdade?
O alumnado, ao saír, chocou, literalmente, coa listaxe de insultos e desprezos. 

Todo iso dicimos? Todo iso?
Buah, olla!
Iso tamén nolo din a nós....
A actividade deu que falar. Houbo a quen non lle pareceu ben que apareceran palabras feas nun patio de escola, mais a reflexión que propuñan as nosas mzoas era que esas palabras as escoitan no día a día. 

Elas mesmas pediron para sacar a intervención fóra do cole. E na última sesión de clase, alá foron para tinxir Cuntis coa mesma pregunta: pensas o que dis? 

Non deberiamos deixar pasar estes comentarios.
Os recados que recibimos as mulleres non levan a bo camiño...
Cadaquén que escolla o camiño que segue...





terça-feira, 19 de junho de 2018

O secuestro da Bibliotecaria

Estas últimas semanas as crianzas do Club de Lectura As Campaíñas, sección infantil, andaron moi ocupadas: pensar a idea, organizar as escenas, escribir os diálogos, escoller atrezzo e vestuário... BUFFF! un traballón. 
Pero conseguiron sacar adiante a súa primeira 

PELÍCULA!! 


Aquí vos deixamos, a modo de despedida festeira, O Secuestro da Bibliotecaria, versión libre e libérrima da obra de teatro de Sarabela Teatro que ao tempo e versión libre da novela de Margaret Mahi





quarta-feira, 25 de janeiro de 2017

Dragal na Biblioteca 2: o recanto dragaliño.

Como xa vos contamos por aquí, dentro das actividades do Proxecto Dragal tiñamos que crear un recanto dragaliño no noso centro... Estivemos a facer un retrato do dragón e os seus ollos laranxa e construíndo, para que se sentise cómodo, unha Cova da Moura

Ademais, alumnado preparou cartaces e e deseños para acompañar a decoración do espazo... 

A cousa foi collendo xeito: 

Acabando de montar a Cova: rocha de granito cento por cento.
Até a fachda da igrexa de San Pedro temos!
O título do libro quedounos claro a todas ;)
Aproveitando a actividade do Club de Lectura As campaíñas, desde a Biblioteca preparamos unha selección de fondos draconianos na que, é claro, o lugar máis preeminente é para a obra de Elena Gallego. 

Será por dragóns na biblio!!

O espazo para o noso monstro é privilexiado: 

Até pendón para a caixa de emerxencias tiñamos :D
Que cómodo está o noso laghartiño!

Unha vez que quedou pronta a Cova da Moura, puidemos executar a seguinte tarefa que nos encargou o Proxecto: gravar a nosa presentación para o resto de centros participantes. 

Co guion elaborado polas integrantes do Club de Lectura As Campaíñas, pedimos á nosa directora máis internacional, Hortensia de Plástica, que xestionase a rodaxe. 

Van ler dous Dragais: ben merecen saír na tele!
Adoran subir ás estantes "por esixencias do guion"...

...que fan elas para poder subir ás estantes...


Preparando a segunda escea...
En acción!!

Proximamente, o resultado!