Como xa vos contamos por aquí, dentro das actividades do Proxecto Dragal tiñamos que crear un recanto dragaliño no noso centro... Estivemos a facer un retrato do dragón e os seus ollos laranxa e construíndo, para que se sentise cómodo, unha Cova da Moura.
Ademais, alumnado preparou cartaces e e deseños para acompañar a decoración do espazo...
A cousa foi collendo xeito:
 |
Acabando de montar a Cova: rocha de granito cento por cento. |
 |
Até a fachda da igrexa de San Pedro temos! |
 |
O título do libro quedounos claro a todas ;) |
Aproveitando a actividade do Club de Lectura As campaíñas, desde a Biblioteca preparamos unha selección de fondos draconianos na que, é claro, o lugar máis preeminente é para a obra de Elena Gallego.
 |
Será por dragóns na biblio!! |
O espazo para o noso monstro é privilexiado:
 |
Até pendón para a caixa de emerxencias tiñamos :D |
 |
Que cómodo está o noso laghartiño! |
Unha vez que quedou pronta a Cova da Moura, puidemos executar a seguinte tarefa que nos encargou o Proxecto: gravar a nosa presentación para o resto de centros participantes.
Co guion elaborado polas integrantes do Club de Lectura As Campaíñas, pedimos á nosa directora máis internacional, Hortensia de Plástica, que xestionase a rodaxe.
 |
Van ler dous Dragais: ben merecen saír na tele! |
 |
Adoran subir ás estantes "por esixencias do guion"... |
...que fan elas para poder subir ás estantes...
 |
Preparando a segunda escea... |
 |
En acción!! |
Proximamente, o resultado!
Sem comentários:
Enviar um comentário