Hoxe foi o día.
No frío da mañá, na entrada da escola, xa estaba todo listo.
 |
A mesa electoral |
 |
As papeletas de votación... |
 |
E mesmo @s votantes! |
Organizámonos para votar todas as persoas que quixemos (fomos moitas!):
- Primaria votou durante o seu recreo, e como na mellor tradición galega, para que chegase o tempo, traía xa o voto da clase.
- Secundaria votou nos dous recreos que ten, con papeleta no colexio electoral.
- E Infantil votou entre os recreos, para poder facelo sen agobios.
 |
O caos do primeiro recreo... |
 |
Pouco a pouco, foron chegando votos. |
 |
Dando instruccións para que o voto non sexa nulo. |
 |
Algúns tardaban en decidirse... |
 |
Outr@s, en cambio, tíñano moi claro. |
 |
Tranquil@s!! Hai tempo para tod@s!! |
 |
Como aquelas sufraxistas, orgullosas de exercer o dereito a voto. |
 |
Non faltou voluntariado para atender a mesa... |
E si, finalmente fomos pasando todas. Aínda non sabemos quen é a gañadora, pero o que si está claro é que o nivel de participación non foi pequeno.
Mirade que chea está a caixa ao final da mañá!!
 |
Viva a democracia!! |
Tanta papeleta leva tempo contabilizala. Se mañá temos os resultados, anunciarémolos aquí. Se non, o venres...
Que intriga!!
Sem comentários:
Enviar um comentário