segunda-feira, 7 de junho de 2021

17M: a poesía para Infantil

 - E xa que vén aí o Día das Letras non podemos voltar a Infantil a ler outro conto??

- Queredes? 

- Dixeran que podiamos voltar cando quixeramos... 

- Foi amabilidade.

- Foi convite.

- Podemos ler Frederick!!

E negociamos. E alá fomos novamente co rato Frederick ao lombo, para aprender a importancia da poesía á meniñada de Infantil. 

Unhas e outrxs adoran a actividade



Atentxs ao conto

As futuras mestras propuxeron outra actividade

...que a rapazada completou ben contenta


17M: Xela Arias

 Este ano, soubemos da autora do Día das Letras Galegas con moito menos tempo que outros anos. Isto atrasou a saída de materiais sobre ela, 

Como todos os anos, desde a Biblio fixemos acopio de fondos, prepararmos unha selección de recursos didácticos que partillamos co profesorado (e tivemos que ampliar con cousas aparecidas a última hora) e propuxemos traballar, dentro do proxecto de centro, coa  ARTE DA MÚSICA

E foi así que coñecemos a Xela Arias:

A exposición de fondos no corredor central

Na biblio aínda tiñamos parte das súas primeiras edicións...

En 3ºEP decidiron retratala ao modo Andy Warhol


E no web do centro podedes visionar as artistadas musicais organizadas por diferentes grupos.

Club de Xaponés

 No centro temos un grupo de lectores e lectoras de manga bastante apaixonado. temos manguistas e mesmo mangakas a probar sorte coa ilustración. Así que, como lles vimos moito interese pola cultura xaponesa, incorporamos aos fondos estes dous libros: 



O problema chegou á hora do empréstito: dous libros, dez reservas... Que facer!

- Por que non os compartimos e facemos un Club para poder aprender xuntxs?? 

Meu dito meu feito. 

Colocaron cartazes polo centro...

Cristina mesmo nos prepara apontamentos

E xuntámonos nos recreos para aprendermos xaponés....

Arigato!!



23A: compartimos lecturas

 - Profe, para a semana é o Día do Libro

- Sei

- E por que non imos ás aulas de Infantil a lerlle un conto á rapazada?

- queredes?

- Siiiiiii!

E o alumnado do Club de Lectura escolleu un álbum, preparou a lectura, e argallamos coas mestras de infantil pasarnos por alí para ler. Ler un libro.

O elexido foi Ola, son un bicho bóla, de Elvira Ribeiro.

Parte do grupo lector
Dividímonos por grupos: tres en cada clase


Alunha pediu ir ao grupo da irmá pequena...

outras mesmo prepararon monicreques

E mesmo ficha de traballo!

Meniñada atenta...



Día divertido!

Máis non só contan as grandes ás pequenas. O grupo de 4B de Infantil, integrado no Plan Proxecta Voluntariado Miúdo, preparou o seu conto para partillar cos/coas usuarixs do Centro de Día. Podedes ver no web do centro o marabilloso resultado. 

23A: que libro salvarías?

 Para o 23 de Abril, Día Internacional do Libro, propuxemos ao noso alumnado unha actividade que pon en valor unha das grandes artes: a LITERATURA. 

Lembrando aquel Fahrenheit 451 de Ray Bradbury, e recuperando unha vella proposta das Bibliotecas Escolares, pedimos a nenos e nenas que escollesen un libro que salvar dunha queima. Un único libro. 

Despois das primeiras brincadeiras (hihi, haha, eu queimaría todos!), a sorpresa foi para moitas ser iso dificilísimo e tivemos que ampliar a proposta: podes salvar un libro por cada lingua. 

Mostramos as nosas escollas no corredor principal do centro, que virou enorme panel de recomendacións lectoras: 

Moito lemos!


Recreos na biblio

 Este ano os recreos na Biblio son bastante máis tristes que outros anos. Non podemos compartir o espazo como antes, primaria e secundaria, infantil e 4ESO, campionato de xadrez e zona de deseño. As normas do protocolo COVID-19 impiden as mesturas que tanto nos gustan. 

O acceso á biblio nos recreos de secundaria están repartidos por niveis: cada nivel (1ºESO, 2ºESO, 3ºESO, 4ºESO) ten asignado un recreo exclusivo durante o cal non poden entrar os outros... Isto fai a biblioteca bastante máis aborrecedora... Moito? Boh, nin tanto...

Sempre podemos meterlle algo de música

E ensaiar para tocar na clase...



8M: artista convidada

 No 8M, Día Internacional da Muller Traballadora decidimos dedicarllo ás mulleres artistas

E pensamos que ben podiamos traer unha artistA á escola. Decidimos convidar a Rosa Herraiz Cabanas,  Rosa de Cabanas: adica o seu tempo a unha arte menos visíbel que as grandes, a ARQUITECTURA, un campo, ademias, onde a presenza das mulleres non é maioritario. 

Ademais, Rosa de Cabanas é tamén ilustradora e deseñadora gráfica e mesmo contamos nos fondos da Biblio con obras traballadas por ela. 

Así que aproveitámonos do seu carácter polifacético para organizar un encontro co alumnado de 4ºESO, onde lles falase da súa traxectoria profesional e artística e animase ás mozas a formarse en áreas tradicionalmente masculinizadas. 


Rosa no seu recanto na expo do 8M


quarta-feira, 2 de junho de 2021

8M: artistAs roubadAs

Dentro do Proxecto do ano, Que arte tes!, tiñamos intención de adicar o 8M, Día internacional das mulleres traballadoras, ás mulleres artistas. Porén, as compañeiras do Claustro, suxeriron matizar a idea, e que aproveitasemos para coñecer artistAs ás que lle foi roubado o nome ou a obra. 

Actualizamos e difundimos fondos...

Só a descoberta de Hanna Höch xa pagou a pena

Será por artistAs!!

Organizamos proposta de actividades, e preparamos unha exposición-xogo de pesquisa, como todos os anos. 

Dúas actividades: artistas na sombra e artistas roubadas

Artistas na sombra: 

compilamos mulleres que renunciaron ou reorientaron a súa carreira artística por beneficiar ou non perxudicar a homes da súa familia (case sempre a parella). 



Artistas roubadas.

Moitísimas máis! En homenaxe a Louise Bourgeois construímos unha arañeira en que colocamos imaxes de artistas e imaxes de obras da súa autoría, case sempre atribuídas a homes. 



Desde agora, na nosa Biblio, xa nunca serán anónimas.




terça-feira, 1 de junho de 2021

Encontro con Eva Mejuto

 O alumnado de 2º ESO leu a obra 22 segundos, de Eva Mejuto. Apalabramos con ela un encontro unha vez que pasou a proba sobre a lectura. 

Para evitar problemas co Protocolo CoVID-19 e, xa que quedamos afeitxs no confinamento, o encontro fixémolo de maneira virtual, con Eva e as súas gatas na casa e nós na Biblioteca (sen gatas). 

O grupo gozou da conversa coa autora, preguntou moitas cuiriosidades que gardaba no peto e foi tan reconfortante que mesmo aumentou nos días seguintes o empréstito de Memoria do Silencio, outra das obras da autora. 

Atendendo ao que conta Eva Mejuto.

Sempre a ventilar, sempre con distancia.




24 de Febreiro: Día de Rosalía

 Para lembrar a Rosalía de Castro temos un día concreto do ano, o 24 de febreiro

Desta vez, artistas que somos, fixemos flores apoemadas para ela, ademais dun mural de retratos. 

Nas flores, cada crianza ou grupo, escribiu os seus versos preferidos da obra de Rosalía. Moito correron os seus libros polas aulas!

O espazo do corredor principal do centro non deixa de recibir exposicións...

Aínda faltaban flores no ramo....

Nin Andy Warhol sería quen desta marabilla.


CDU a avanzar

 Levamos anos prometendo unha boa sinalización da Biblioteca seguindo a CDU. Levamos anos sen dar para diante coa idea, postergada sempre por outras urxencias que priorizamos. 

Mesmo pode ser pola calma e o impasse que  supón a pandemia, que este ano conseguimos darlle un pequeno empurrón ao proxecto. 

O alumnado de 1ºESO, estivo a traballar, no primeiro trimestre e na materia de Educación Plástica e Visual, a linguaxe iconográfica. Dentro dese tema, tiveron como proxecto crear iconas para os dez apartados da CDU. 

O resultado final, aínda incompleto, é unha marabilla: 

1. Filosofía e Ética

2. Mitoloxías

4. (baleiro) Producións CPI Aurelio Marcelino

5. Ciencias da Natureza

8. Literatura

9. Xeografía e Historia

A verdade, iremos con lentitude, mais o resultado e tan artisteiro, que paga a pena esperar. 

Que escola de artistas temos!

30 de XANEIRO: ciclo de cine e arte

 O ano pasado, dentro do proxecto dos Dereitos Humanos, propuxemos un ciclo de cinema que tivo moito éxito entre profesorado e alumnado. Pediron a súa continuidade. Este ano non puidemos, por causa da COVID-19, manter a proposta tal cal: as sesións na biblio foron subsituídas por sesións nas aulas e as pipocas retiradas da festa. 

CINEARTE

Pero fixemos unha proposta ás/aos profes para escolleren a película, axudadxs ou non polo alumnado, que querían traballar, e despois organizamos o ciclo: 

As películas seleccionadas no noso Festival


25N na Biblio: Non sexamos estatuas

 Dentro da proposta transversal Que arte tes!, decidimos traballar o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero coa arte da ESCULTURA.

NON SEXAMOS ESTATUAS

Para iso, prepararamos bibliografía e unha proposta didáctica que cada grupo, ciclo ou nivel adaptou ao seu alumnado: e un obxectivo: organizar unha exposición de esculturas contra a violencia de xénero.

A idea foi un exitazo: 

Cadaquén propuxo a súa vacina

Cousas do día a día que todas podemos facer.


E Exposición Escultórica:

Obra de 5º EP

Obra de 4ºB EI


Obra de 6º EI


Moitas mans fixeron!

Máis obras en aluminio de 5ºEP

1ºESO B optou polas esculturas humanas


Obra de 3º ESO

Obra de 4º ESO

Máis propostas

Obra de 1º ESO A







Proposta de 1º EP

Proposta do 2º Ciclo EP

Propostas de 2º EP

Proposta colectiva de 1º ESO

Como vedes, convertemos a escola nun enorme museo!