- Profe, para a semana é o Día do Libro
- Sei
- E por que non imos ás aulas de Infantil a lerlle un conto á rapazada?
- queredes?
- Siiiiiii!
E o alumnado do Club de Lectura escolleu un álbum, preparou a lectura, e argallamos coas mestras de infantil pasarnos por alí para ler. Ler un libro.
O elexido foi Ola, son un bicho bóla, de Elvira Ribeiro.
![]() |
Parte do grupo lector |
![]() |
Alunha pediu ir ao grupo da irmá pequena... |
![]() |
outras mesmo prepararon monicreques |
![]() |
E mesmo ficha de traballo! |
![]() |
Meniñada atenta... |
![]() |
Día divertido! |
Máis non só contan as grandes ás pequenas. O grupo de 4B de Infantil, integrado no Plan Proxecta Voluntariado Miúdo, preparou o seu conto para partillar cos/coas usuarixs do Centro de Día. Podedes ver no web do centro o marabilloso resultado.
Sem comentários:
Enviar um comentário