quinta-feira, 24 de novembro de 2016

A mascota da Biblio 2: unha maleta perdida

Na Biblioteca apareceu unha maleta. Parece abandonada. Ou perdida. 

 Parece que é da nosa mascota, que a deixou esquecida coas présas por ir... aonde?

Tem algúns obxectos dentro. Que nos din da súa dona? Que lle gustará? A que se adicará?



Non sabemos! 

Saberedes vós?

 

quarta-feira, 23 de novembro de 2016

A Mascota da Biblio 1: cartas.

Coñecedes a mascota da nosa Bilioteca? 


Nós tampouco... 

Boa falta nos fai ter unha. Necesitamos que lle dea nome a este blog (Rosalía de Castro di que prefire non estar aí na cabeceira) e que nos axude nas tarefas bibliotecarias. 

Por iso chegaron cartas esta semana. Cartas ás nenas e nenos de Infantil e Primaria. Deixounas a carteira a semana pasada en cada clase.

O servizo de correos foi rápido e eficiente!

A petición de cada carta: Poderíades axudar a facer unha mascota para a Biblio? Poderíades dicirnos quen é e como é?

E esta semana algo apareceu na Biblio....


Novembro:mes da ciencia II

Para acompañar o mes da ciencia e todas a restra de actividades que preparou a equipa científica da escola, na Biblioteca Escolar recorremos as estantes e buscamos libros, películas e documentais que puidesen interesarvos, e ben á vista os puxemos para que os coñezades e poidades levar á casa, se vos presta (porque emprestar, empréstase): 

Desde a tecnoloxía até o universo...
pasando polo espazo en que vivimos até chegar ás grandes mentes da historia...

Os ocos que hai nas mesas son de libros que xa voaron a algunha cociña ou algunha sala de estar...


segunda-feira, 14 de novembro de 2016

Os dereitos da Infancia

Traballazo que fixo a profa Andrea para o cole!!

Esta semana visitará todo o alumnado de primaria a Biblio para coñecer a Escola respectuosa cos Dereitos da Infancia e que non é outra que a nosa.

Como Andrea quedou admirada da arquitectura encarnada do noso centro, decidiu construirlle un retrato:

A fachada imponente.
A fachada en pequeno.
E en cada xanela encarnada do cole, asoma un dos nosos dereitos,como nenas e nenos que somos ou fomos: 

Xanelas que se abrimos...
...mostran a utopía que nos anima.
Na biblio completamos o traballo cunha pequena selección de libros que tratan algún ou todos os Dereitos da Nena e do Neno. 

Escola e libros.
 Claro, o alumnado de quinto non aguantou as ganas e xa veu hoxe de visita!

Adiviñando o dereito atrás da contra.
E lemos algúns dos contos entre todas:

Todas menos algún... 😊 



Novembro: mes da ciencia.

E entramos en novembro, mes da ciencia tamén na Biblio da Rosi. 

Todos os luns, nos recreos de Primaria e Secundaria, alumnado de 6º e de 2ºESO, coordinado polas profas Sandra e María Xosé, ocupan a biblio co seu obradoiro de Papiroflexia. 

Aprendendo a encartar papel..
Atende, que che explico!
En secundaria tamén se animan, para quen diga que non!
Pola metade, pregade pola metade!
Axudantes!
Xa sabedes, os luns, durante este mes, e mesmo despois se vos animades, 

OBRADOIRO DE PAPIROFLEXIA 

NA BIBLIO DURANTE OS RECREOS