Mostrar mensagens com a etiqueta actividades de difusión. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta actividades de difusión. Mostrar todas as mensagens

segunda-feira, 7 de junho de 2021

23A: que libro salvarías?

 Para o 23 de Abril, Día Internacional do Libro, propuxemos ao noso alumnado unha actividade que pon en valor unha das grandes artes: a LITERATURA. 

Lembrando aquel Fahrenheit 451 de Ray Bradbury, e recuperando unha vella proposta das Bibliotecas Escolares, pedimos a nenos e nenas que escollesen un libro que salvar dunha queima. Un único libro. 

Despois das primeiras brincadeiras (hihi, haha, eu queimaría todos!), a sorpresa foi para moitas ser iso dificilísimo e tivemos que ampliar a proposta: podes salvar un libro por cada lingua. 

Mostramos as nosas escollas no corredor principal do centro, que virou enorme panel de recomendacións lectoras: 

Moito lemos!


8M: artista convidada

 No 8M, Día Internacional da Muller Traballadora decidimos dedicarllo ás mulleres artistas

E pensamos que ben podiamos traer unha artistA á escola. Decidimos convidar a Rosa Herraiz Cabanas,  Rosa de Cabanas: adica o seu tempo a unha arte menos visíbel que as grandes, a ARQUITECTURA, un campo, ademias, onde a presenza das mulleres non é maioritario. 

Ademais, Rosa de Cabanas é tamén ilustradora e deseñadora gráfica e mesmo contamos nos fondos da Biblio con obras traballadas por ela. 

Así que aproveitámonos do seu carácter polifacético para organizar un encontro co alumnado de 4ºESO, onde lles falase da súa traxectoria profesional e artística e animase ás mozas a formarse en áreas tradicionalmente masculinizadas. 


Rosa no seu recanto na expo do 8M


quarta-feira, 2 de junho de 2021

8M: artistAs roubadAs

Dentro do Proxecto do ano, Que arte tes!, tiñamos intención de adicar o 8M, Día internacional das mulleres traballadoras, ás mulleres artistas. Porén, as compañeiras do Claustro, suxeriron matizar a idea, e que aproveitasemos para coñecer artistAs ás que lle foi roubado o nome ou a obra. 

Actualizamos e difundimos fondos...

Só a descoberta de Hanna Höch xa pagou a pena

Será por artistAs!!

Organizamos proposta de actividades, e preparamos unha exposición-xogo de pesquisa, como todos os anos. 

Dúas actividades: artistas na sombra e artistas roubadas

Artistas na sombra: 

compilamos mulleres que renunciaron ou reorientaron a súa carreira artística por beneficiar ou non perxudicar a homes da súa familia (case sempre a parella). 



Artistas roubadas.

Moitísimas máis! En homenaxe a Louise Bourgeois construímos unha arañeira en que colocamos imaxes de artistas e imaxes de obras da súa autoría, case sempre atribuídas a homes. 



Desde agora, na nosa Biblio, xa nunca serán anónimas.




terça-feira, 1 de junho de 2021

24 de Febreiro: Día de Rosalía

 Para lembrar a Rosalía de Castro temos un día concreto do ano, o 24 de febreiro

Desta vez, artistas que somos, fixemos flores apoemadas para ela, ademais dun mural de retratos. 

Nas flores, cada crianza ou grupo, escribiu os seus versos preferidos da obra de Rosalía. Moito correron os seus libros polas aulas!

O espazo do corredor principal do centro non deixa de recibir exposicións...

Aínda faltaban flores no ramo....

Nin Andy Warhol sería quen desta marabilla.


Que arte tes!

 O proxecto transversal que temos este ano leva por nome 

QUE ARTE TES!

A ideia é traballarmos, ao longo do ano, todas as Belas Artes, para descobrir a nosa faceta artística: terei mañas para a música. para a a escultura, para o cinema?

Como actividade de motivación para o alumnado e para nos meter en materia, lembrámonos dun álbum marabilloso que tiña moito que ver con alguén da biblio....


Houbo alguén que, ao ler este libro, pensou que quería un retrato para que presidise a biblioteca. 

Quen sería? 

Chegaron cartas ás aulas, houbo exposición no corredor... 


Cada ovella coa súa parella

A pintura orixinal e a versión bicheira

E a sorpresa...


Para facer ganas, unha selección e fondos sobre pintoras, pintores e escolas. 


E unha proposta: facer retratos de Booking!


Para o profesorado, preparamos unha proposta de planificación anual, que podedes consultar nesta ligazón.

sexta-feira, 26 de junho de 2020

8M: Dereitas e Humanas

Como todos os anos, desde a Biblioteca preparamos unha proposta de actividades para traballar no 8 de Marzo, Día Internacional da Muller Traballadora. 

Como este ano o tema de centro son os Dereitos Humanos non podíamos dedicar o día a outras mulleres que non foran as activistas en loita polos dereitos de todxs. 

Para ambientar a entrada do centro non esquecemos os paraugas. E pedimos ao noso grupo de activistas da Biblio, ademais das titorías, que deseñasen o símbolo do feminismo loitador para pendurar das varas: 

Feminismo ilustrado
A verdade é que nunca tanto xogo deron uns paraugas

Preparamos dous xogos, que obrigaban a revisar os fondos da exposición que preparamos para o caso: 

Un de nome Mulleres en Loita enorme, cunha chea de activistas que había que asociar co Dereito Humano polo que pelexaron: 

Non están todas as que son, mais si son todas as que están.
Procuramos visibilizar mulleres de todos os continentes
E de épocas variadas
A cousa non era fácil...
Non tiñan máis remedio que consultar nos libros. 
O outro xogo, o Aí falaches!: relacionar frases coa activista que as pronunciou. 

Faltan as mulleres...
Ui, aí non!!
Colocamos tamén un 8M feito de post-its para cadaquén escribir libremente as reflexións que quisera: 

Quedou un corredor cheo!
E cremos que os grupos gostaron...
Sempre gostan...



quinta-feira, 25 de junho de 2020

Nadal

Este ano non dou para argallar a petición de libros para as Bibliotecas de Aula, como o ano pasado, porque temos as activistas da ESO superparadas; pero si demos organizado unha exposición de fondos nos que o Solstício de Inverno, a mudanza de estación o nadal e o Apalpador foron os protagonistas.


terça-feira, 23 de junho de 2020

Fondos Dereitos Humanos

Unha novidade deste ano foi o noso expositor exterior para o Tema Transversal.

Adquirimos un anaquel novo, ben xeitoso, que nos permite ter visíbeis e accesíbeis todos os fondos que propomos para traballar o Tema Transversal. 

Estivo todo o curso cheo de novedades e actualizacións!

Cheo de libros, como debe ser!



quinta-feira, 19 de dezembro de 2019

Para ler ao quentiño!

Como todos os anos, acabamos o primeiro trimestre e chegan a vós as nosas recomendacións lectoras. 

Podedes pedir algunha delas de agasallo nestas festas ou, ao revés, agasallar con elas á vosa xente querida. 

Gozádeas!





domingo, 9 de junho de 2019

E falamos para o mundo!

Na revista Aulas Libres, do STEG, pedíronnos que contáramos do noso traballo na BiBlio e da importancia que lle damos para a vida do centro e a aprendizaxe. 



Aquí podedes ler o que contamos. 






quinta-feira, 6 de junho de 2019

Donas de Si: Ánxela Ruiz Robles

Como participamos do Programa Donas de Si, dentro do Plan Proxecta, a Secretaría Xeral de Igualdade ofreceunos a posibilidade de contar cunha sesión a cargo da editora Lela, falando e deseñando algunha das mulleres da súa colección Mulleres Galegas.

Como en 2º EP, dentro do proxecto do Museo, adoptaron a máquina de escribir e investigaron a historia da escritura, decidímonos pola figura de Ánxela Ruiz Robles, inventora do precedente do libro electrónico. 

E alá viñeron contador e ilustradora a falar para nós desta inventora. 

O libro que escollemos para traballar
Contando dela á rapazada
Xúrovos que é verdade!



Super-autora

Algunhas profesoras do centro e algún que outro alumno, non sabían que tiñan de compañeira ou mestra unha famosísima escritora, gañadora de grandes premios e eterna futura candidata ao premio Nobel. 

E decidiron organizar unha mini-exposición coa obra completa para difundir a súa excelsa figura á comunidade, previa acción de chantaxe: ou nos deixas material ou facemos nós a biografía. 

E claro, a profa cedeu. Non ía ceder!

Preparando o asunto.
Aínda fixo libros a suxeita!!
A verdade é que é bonito que a traten así a unha...



23 de Abril: O Caralibro.

O 23 de Abril pillounos recén chegadas á escola, pero non de sorpresa. Xa antes de irmos de vacacións deixamos todo listo. Cartaces pegados e distribuidos. Proposta feita. Decorado pronto.

Como a Biblio continúa de obras, instalamos o noso fotocol na entrada do centro. E con el, a exposición de libros que podían servir para os posados: aqueles que tivesen caras na capa.

Porque a idea era fotografiar-nos co libro que quiseramos ter de cara.

Fotocol e libros e algúns dos retratos.
E botamos os recreos (tres) do 23 de abril facendo fotos... 

A primeira proba
Un dos volumes máis escollidos para fotografiar
A lavar os dentes!
adoramos Rosalía!
Un ano complicado
Non todo van ser libros. tamén hai óperas
Ai, o noso libro preferido!

Quen o pasou en grande foi o Booking!


Posou co seu libro preferido
Encontrou a súa vocación!!
Pero, coma sempre, o que preferimos das exposicións é que serven para que o alumnado repare en fondos que nunca reparara. 

Mira! Este non o viramos!