Dentro do Proxecto do ano, Que arte tes!, tiñamos intención de adicar o 8M, Día internacional das mulleres traballadoras, ás mulleres artistas. Porén, as compañeiras do Claustro, suxeriron matizar a idea, e que aproveitasemos para coñecer artistAs ás que lle foi roubado o nome ou a obra.
Actualizamos e difundimos fondos...
![]() |
Só a descoberta de Hanna Höch xa pagou a pena |
![]() |
Será por artistAs!! |
Organizamos proposta de actividades, e preparamos unha exposición-xogo de pesquisa, como todos os anos.
![]() |
Dúas actividades: artistas na sombra e artistas roubadas |
Artistas na sombra:
compilamos mulleres que renunciaron ou reorientaron a súa carreira artística por beneficiar ou non perxudicar a homes da súa familia (case sempre a parella).
Artistas roubadas.
Moitísimas máis! En homenaxe a Louise Bourgeois construímos unha arañeira en que colocamos imaxes de artistas e imaxes de obras da súa autoría, case sempre atribuídas a homes.
Desde agora, na nosa Biblio, xa nunca serán anónimas.
Sem comentários:
Enviar um comentário