quarta-feira, 25 de janeiro de 2017

Dragal na Biblioteca 2: o recanto dragaliño.

Como xa vos contamos por aquí, dentro das actividades do Proxecto Dragal tiñamos que crear un recanto dragaliño no noso centro... Estivemos a facer un retrato do dragón e os seus ollos laranxa e construíndo, para que se sentise cómodo, unha Cova da Moura

Ademais, alumnado preparou cartaces e e deseños para acompañar a decoración do espazo... 

A cousa foi collendo xeito: 

Acabando de montar a Cova: rocha de granito cento por cento.
Até a fachda da igrexa de San Pedro temos!
O título do libro quedounos claro a todas ;)
Aproveitando a actividade do Club de Lectura As campaíñas, desde a Biblioteca preparamos unha selección de fondos draconianos na que, é claro, o lugar máis preeminente é para a obra de Elena Gallego. 

Será por dragóns na biblio!!

O espazo para o noso monstro é privilexiado: 

Até pendón para a caixa de emerxencias tiñamos :D
Que cómodo está o noso laghartiño!

Unha vez que quedou pronta a Cova da Moura, puidemos executar a seguinte tarefa que nos encargou o Proxecto: gravar a nosa presentación para o resto de centros participantes. 

Co guion elaborado polas integrantes do Club de Lectura As Campaíñas, pedimos á nosa directora máis internacional, Hortensia de Plástica, que xestionase a rodaxe. 

Van ler dous Dragais: ben merecen saír na tele!
Adoran subir ás estantes "por esixencias do guion"...

...que fan elas para poder subir ás estantes...


Preparando a segunda escea...
En acción!!

Proximamente, o resultado! 



A mascota da biblioteca 5: minuto e resultado.

E fixemos o reconto de votos na comisión electoral creada para o efecto e integrada por alunmado de 1ºESO. 

337 votos había na caixa... 

Cantidade suficiente para considerar os resultados hiper-lexítimos!

Repartindo os votos por lotes de partidos/mascotas.
Aquí, a Comisión Electoral que avala a legalidade dos resultados. 

Contamos dúas veces e custodiamos os votos por se hai reclamacións...

Os votos totais clasificados e ordenados.

E os resultados foron claros. A campioa destacou por enriba das inmediatas perseguidoras en dez oos, polo que podemos considerar a victoria contundente.

Con 76 votos, o Tiger!!
 E aledounos moito saber quen era a autora do deseño:  Catalina Portas Schonfeld, unha alumna que acaba de incorporarse este curso á familia da nosa escola. Unha boa maneira de darlle a benvida!

Agora a pensar que fai un tigre na Biblioteca Escolar do CPI Aurelio Marcelino... Viría às aughas??!

Nun disputado segundo posto, Ponchu!

que só adiantou por un voto á Terra!
Arquelia ficou en cuarto lugar...
Con corenta votos, e quinto posto, Miku!
Termiña levou 28 votos.
E Bibliolibro demostrou ser unha mascota de dez! 

Agora Catalina está traballando no Tiger pra proporcionarnos varias versións del que poidamos utilizar para todo... e igual escollemos algún nome dos moitos que propuxestes para "cuntificalo" un pouco máis. 

Teredes novas!



quarta-feira, 18 de janeiro de 2017

Dragal na Biblioteca

O noso centro foi seleccionado para participar no Proxecto Dragal 2016-2017. Por esta razón, toda a ESO tivo como lectura obrigatoria o libro Dragal I, de Elena Gallego. Participar no proxecto implica facer actividades complementarias à lectura, que nos van indicando desde a coordinadora. 


Ao final, isto non deixa de ser unha grande escusa para colaborar entre os diferentes grupos que están traballando no centro: 
O Equipo de Dinamización Lingüística deu co proxeto e coordena o asunto, o departamento de Lingua Galega leva as lecturas de aula e a preparación de actividades co alumnado, no Club de lectura completan coas sesións dedicadas a Dragal II, na Biblioteca Escolar colaboramos ofrecendo tempos e espazos, que boa falta fan. 


Así dá gusto!!


Entre todas decidimos recrear, nun recanto da entrada, aproveitando o oco das escadas, a Cova da Moura onde descansa o Dragón... 



Comezou o Club de Lectura a traballar e continuamos na Biblio, durante os recreos desta última semana...


Ohhhhh, iso son uns ollos??
En 4ºESO non se mollan, pero opinan :D
A culpábel de todo este barullo: Nati.

E xa que o alumnado de 4ºESO non tiña vontade de enzoufar as mans en cola ou témpera, reservámoslle outra tarefa: o duro traballo da cantaría!

De aquí pretendemos sacar unha cova, seique.
Si, alguén ten que termar do papel con dous dediños de nada.
Aquí estará a Cova do Dragón (non, ese non é)
E as primeiras pedras xa foron colocadas...

TRANQUILIDADE!!! Aínda estamos a comezar... Como dicía Castelao, non lle poñades chatas á obra namentras non se remata... 


A mascota da Biblio 4: a votación.

Hoxe foi o día. 

No frío da mañá, na entrada da escola, xa estaba todo listo.

A mesa electoral
As papeletas de votación...
E mesmo @s votantes!

Organizámonos para votar todas as persoas que quixemos (fomos moitas!): 

  • Primaria votou durante o seu recreo, e como na mellor tradición galega, para que chegase o tempo, traía xa o voto da clase. 
  • Secundaria votou nos dous recreos que ten, con papeleta no colexio electoral.
  • E Infantil votou entre os recreos, para poder facelo sen agobios. 


O caos do primeiro recreo...

Pouco a pouco, foron chegando votos.

Dando instruccións para que o voto non sexa nulo.
Algúns tardaban en decidirse...
Outr@s, en cambio, tíñano moi claro.
Tranquil@s!! Hai tempo para tod@s!!

Como aquelas sufraxistas, orgullosas de exercer o dereito a voto.
Non faltou voluntariado para atender a mesa...

E si, finalmente fomos pasando todas. Aínda non sabemos quen é a gañadora, pero o que si está claro é que o nivel de participación non foi pequeno. 

Mirade que chea está a caixa ao final da mañá!!


Viva a democracia!!

Tanta papeleta leva tempo contabilizala. Se mañá temos os resultados, anunciarémolos aquí. Se non, o venres... 

Que intriga!!





terça-feira, 17 de janeiro de 2017

Decembro en Xaneiro 2: Nadal.

E para o Nadal, ademais de prepararvos esas recomendacións lectoras que supoñemos todas atendestes, o grupo de Papiroflexia e Origami, que xa case é un servizo permanente, elaborou estrelas, estrelas e estrelas para decorar a Biblioteca. 

(E así disimular un pouco eses horríbeis teitos que a consellaría debería reformar ;) )

Recreos e recreos elaborando as figuras de cores...
Para facer unha estrela necesitabamos seis figuras.
A verdade, quedaron tan ben que pasou o nadal e aí seguen!

Decembro en Xaneiro 1: as Páxinas Amarelas.

E en decembro tamén aconteceron cousas. 

Por exemplo, o alumnado de 5º de Primaria tomou os recreos da nosa Biblio, porque a súa aula se lle facía pequena... 

A cousa naceu pequena e foise facendo grande, como sempre pasa coas cousas interesantes... Coa profe Sandra elaboraron unhas Páxinas Amarelas da clase. Xa sabedes: un directorio onde se ofrecen servizos de calidade. 
Sabes arranxar billas que pingan? 
Anúnciate aquí para que te encontren!

A portada do traballo

E así, todas as rapazas e rapaces da clase elaboraron, cada unha, os seus anuncios ofrecendo as súas habilidades, coñecementos e capacidades máis mellores ao resto de compañeiras... E así coma quen, acabou por montarse un servizo de intercambio de saberes que funcionou durante os recreos. 
que se eu axudo a mellorar en mates, que se eu sei bailar, que se eu son boa coas normas do fútbol...

Ai, pero cada vez tiña máis éxito a cousa, até que acabaron por vir para a Biblio... 

Queres aprender árabe?
Ofrécense clases de debuxo por deseñadora experta.
Saiba todo do xadrez en dez leccións...
Tanto ambiente e tanto público había na Biblio que até as fieis papirofléxicas tiveron que fuxir....

Aida dando aulas no corredor por falta de espazo!
Nada hai mellor que aprendermos que todas temos algo para ensinar...

Novembro en Xaneiro!!

Ai, temos un pouco abandonado este espazo... Son tantas cousas a atender!!
E non vos contamos o que andámos a facer estas últimas semanas... 

A finais de novembro comemórase, o día 25, o Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Desde a Biblioteca Escolar, espazo que queremos libre de machismo, fixemos a nosa proposta, ademais de outras que se deran no centro

Así que propuxemos algo sinxelo ás nosas usuarias: reflexionar sobre as pequenas grandes violencias do día a día, porque antes dos desprezos, os insultos, as malleiras, as agresións graves, vivimos envoltas en pequenos actos cotiás que nos reducen, nos incomodan, ou fan que nos sintamos mal. 

Todos os días contra a Violencia de Xénero.
No panel que preparamos había espazo para todas e para todos:

Elas e eles tiñamos sitio para a reflexión...
Sentímonos agredidas cando...
Agredimos cando...
Mmmmm!, parece que as nosas percepcións non son tan diferentes... Agora só toca mudar as nosas actitudes!

Para completar a actividade, visibilizamos na entrada da Biblio, algúns documentos dos fondos que tratan, directa ou indirectamente, o tema da violencia de xénero e as violencias contra as mulleres: 

Aínda non sendo 25 de novembro...
...podemos ler e aprender!