E para o Nadal, ademais de prepararvos esas recomendacións lectoras que supoñemos todas atendestes, o grupo de Papiroflexia e Origami, que xa case é un servizo permanente, elaborou estrelas, estrelas e estrelas para decorar a Biblioteca.
(E así disimular un pouco eses horríbeis teitos que a consellaría debería reformar ;) )
Recreos e recreos elaborando as figuras de cores... |
Para facer unha estrela necesitabamos seis figuras. |
A verdade, quedaron tan ben que pasou o nadal e aí seguen! |
Sem comentários:
Enviar um comentário