E en decembro tamén aconteceron cousas.
Por exemplo, o alumnado de 5º de Primaria tomou os recreos da nosa Biblio, porque a súa aula se lle facía pequena...
A cousa naceu pequena e foise facendo grande, como sempre pasa coas cousas interesantes... Coa profe Sandra elaboraron unhas Páxinas Amarelas da clase. Xa sabedes: un directorio onde se ofrecen servizos de calidade.
Sabes arranxar billas que pingan?Anúnciate aquí para que te encontren!
A portada do traballo |
E así, todas as rapazas e rapaces da clase elaboraron, cada unha, os seus anuncios ofrecendo as súas habilidades, coñecementos e capacidades máis mellores ao resto de compañeiras... E así coma quen, acabou por montarse un servizo de intercambio de saberes que funcionou durante os recreos.
que se eu axudo a mellorar en mates, que se eu sei bailar, que se eu son boa coas normas do fútbol...
que se eu axudo a mellorar en mates, que se eu sei bailar, que se eu son boa coas normas do fútbol...
Ai, pero cada vez tiña máis éxito a cousa, até que acabaron por vir para a Biblio...
Queres aprender árabe? |
Ofrécense clases de debuxo por deseñadora experta. |
Saiba todo do xadrez en dez leccións... |
Tanto ambiente e tanto público había na Biblio que até as fieis papirofléxicas tiveron que fuxir....
Aida dando aulas no corredor por falta de espazo! |
Nada hai mellor que aprendermos que todas temos algo para ensinar...
Sem comentários:
Enviar um comentário