quarta-feira, 20 de junho de 2018

Que ler no verán? TODO!

E chegan as Recomendacións Lectoras para este verán, para lermos na praia, na piscina, no río, na poza, á sombra, ao sol, ás estrelas (con lanterna) e mesmo os días que veñan de chuvia...

Estas son as nosas, mais non as únicas. atendede ao que vos conten as xentes que estean a ler na praia, na piscina, no río, na poza, á sombra, ao sol, ás estrelas (con lanterna), e lede vós tamén. 




terça-feira, 19 de junho de 2018

O secuestro da Bibliotecaria

Estas últimas semanas as crianzas do Club de Lectura As Campaíñas, sección infantil, andaron moi ocupadas: pensar a idea, organizar as escenas, escribir os diálogos, escoller atrezzo e vestuário... BUFFF! un traballón. 
Pero conseguiron sacar adiante a súa primeira 

PELÍCULA!! 


Aquí vos deixamos, a modo de despedida festeira, O Secuestro da Bibliotecaria, versión libre e libérrima da obra de teatro de Sarabela Teatro que ao tempo e versión libre da novela de Margaret Mahi





terça-feira, 5 de junho de 2018

María Victoria Moreno: de gatos e cadelos

E aproveitando que María Victoria Moreno sentía un grande amor e respecto polos animais, e que entre os seus preferidos estaban cans e cadelas, decidimos sacar a pasear todos os que viven na nosa biblioteca, para que os coñezades, os mimedes un pouco e lle escoitedes as súas historias. 

Temos unha chea deles!

E alguén escribiría?

A variedade e calidade de libros é impresionante!


A gata Florenta, o gato poeta...

Tento non podía faltar, sobre todo se ten medo de quedar só...
Lucía Cotriñas é algo porquiña...

Quen dixo que non hai teatro?

Adoramos as aventuras de Garabato e Tinta.
Bambulo e Colmillo Blanco, clásicos xa. 

Non podía faltar Penexo, nin os contos de animais...
Cans? Cans? Ese libro é de Cans?
Sempre animais, nunca mascotas.








María Victoria Moreno: a exposición

Este ano o Día das Letras Galegas foi dedicado a unha autora especial para as escolas: 

María Victoria Moreno. 

Especial por que? Pois porque durante toda a súa vida puxo especial empeño e interese en crear obras literarias para crianzas e adolescentes. Quería que todas poidesen ler en galego. 

A nosa biblioteca está chea de libros de María Victoria Moreno, desde os máis antigos aos máis actuais e as novas edicións. E cando fixemos o expurgo... demos con uns exemplares especiais.

Non chegaron as mesas para tanto libro!!

Edicións vellas e novas partillando espazo.

Algo tiñan eses das caixas de madeira, gardadoras de tesouros... 

Asinados pola autora!!! Cando estivo aquí?

Para que o alumnado parase a mirar os fondos Morenís, ideamos un xogo-concurso. 
Decoramos a parede con ilustracións procedentes dos seus libros. Como alguén nos contou que María Victoria Moreno pedía ás ilustradoras das súas obras que meteran nalgún debuxo os seus cadeliños, buscamos cadelos en toda a súa obra. Aínda que isto acabou por non ser certo, pois había libros sen Alma 😉 , si encontramos unha chea de cans... 

Unha chea!

As nenas e nenos tiñan que localizar a que obra de María Victoria Moreno pertencían as ilustracións numeradas...

E cubrir fichiña... 

E probar sorte, e votar!

Ás profes parece que lles gustou a expo... 

Curiosearon todo!
E por como quedaban as mesas despois de cada recreo, parece que polo menos, dinámica e interactiva, si foi... 

Ai, mimadriña!!


Letras con arte: facer do expurgo marabilla

Cando fixemos o expurgo na Biblio, dixo Hortensia, a profa de Plástica de secundaria:

- Deixádeme a mim os libros que retiredes, que aínda facemos algo!

E decidiu facer unha proposta ao alumnado de 1º ESO: intervir artísticamente os libros desbotados para facer deles obxectos artísticos.

A intención era montar a exposición dos resultados no Día do Libro, pero a artistada estaba tan inspirada e foi tan perfeccionista, que quedou para as Letras, que tanto ten e o mesmo é: celebrar a literatura.

Cada equipo de nenos e nenas, un libroarte.

E cada libroarte, unha historia, ou máis!

Cantas vidas pode ter un libro!!

Mesmo acabar como acordeón!


Feira de Proxectos

E participamos na Feira de Proxectos Piteas!

Levamos os nosos traballos, preparámonos como expertas que somos no universo, en cultivo do millo, en alimentación saudábel, na prevención de incendios, no mundo da televisión, na preparación de xogos con robótica, no uso da impresora 3D e, ademais de contarnos ao mundo, coñecemos os proxectos doutras escolas. 

Os stand dos outros coles.
 O noso? Do noso, coa emoción, Booking esqueceu facer fotos!

MeteoCuntis en directo desde a Cidade da Cultura


Xesteiras TV

Dentro do programa Piteas, en secundario decidimos pór en marcha unha canle de televisión para o cole. 
Para poder conseguilo, en Xaneiro tivemos un obradoiro para profes e alunado con Illa Bufarda, expertas en audiovisual. E o cole, asesorado por elas, mercou o material básico para este tipo de proxectos (e outros): tablets, trípodes, micros, etc.)


En 1º e 2º ESO estamos a traballar na elaboración dos nosos programas: desde o espazo metereolóxico até a serie televisiva.

A preparar o documental sobre Lavandeiras e Canteiras

Dúas canteirAs a contarnos a súa experiencia como mulleres nun mundo de homes.

A gravar a presentación do Social Experiments, o noso programa de entretemento.

 Claro que, unha canle que se prece, ten que ter o seu LOGO

E aí entrou Booking, a nosa mascota, que enviou cartas a todas as clases, convidando a sdeseñar unha proposta de logo e nome para a nosa TV. 

Finalmente, o deseño gañador foi este, por sinxelo, por significativo (colle o nome do monte máis alto e o seu perfil como imaxe), e por representativo. 

O orixinal do noso novo logo

Despois de falalo co autor e coas expertas en deseño, escollemos o negro e o verde como para o logo, e fixemos, nun par de recreos, a súa versión a cor...


Está ben, eh!!