quinta-feira, 19 de dezembro de 2019

Para ler ao quentiño!

Como todos os anos, acabamos o primeiro trimestre e chegan a vós as nosas recomendacións lectoras. 

Podedes pedir algunha delas de agasallo nestas festas ou, ao revés, agasallar con elas á vosa xente querida. 

Gozádeas!





segunda-feira, 8 de julho de 2019

Contámoslle todo ás familias

Non só expuxemos na biblio e nos corredores do centro os nosos traballos. 
Tamén nos organizamos para contar polo miúdo todo o que aprendemos ás familias. 

Fixemos da Biblio un auditorio onde cada grupo explicou as súas investigacións. 


6º Infantil contando dos fíos de liño e lá
Mesmo teceron en directo!!
A rapazada de 1º EP contando do ferro de pasar.
4º EP contando da comunicación
Eran tantas que non lles chegou a tarima!!
6º EP preparado...
Contándonos da emigración...

Moito traballamos!! Parte 3.

As máis grandes do centro non quedaron atrás e aceptaron o repto de Booking e a adopción da peza. 

Educación Secundaria


En 1º ESO A adoptaron o Globo Terráqueo Negro. E, a falta de información entre as familias, inventaron os seus planetas imposibles...

O planeta que temos e o que quereríamos...




En 1º ESO B adoptaron de todo, así que usamos un formato común: o lap book.

En 2º ESO A adoptaron varias pezas, unha por equipo, para traballar con elas desde a lingua inglesa. 

O pupitre, o pizarrillo, o ferro de pasar e o tocadiscos.
The english desk
En 3º ESO adoptaron, en Lingua Castelá, o Tocadiscos

A mellor maqueta: a que funcionaba!











Moito traballamos!! Parte 2.

No resto das etapas non quedamos atrás. Retadas polas máis pequenas, demos forma aos nosos stands: 

Educación Primaria


En 1º EP adoptaron o ferro de pasar e, como viña ben a conto, construíron unha casiña, con tendedeira e todo!

Parece a casiña dos contos!
Os ferros de toda a clase...
O traballo de pesquisa.
A tendedeira de versos

En 2º EP adoptaron a máquina de escribir e o pizarrillo

Practicaron todas as maneiras de escribir!
E cada crianza deu feito o seu proprio libro de alfabetos do mundo.

En 3ºEP adoptaron o Telurio e a Esfera Armilar. Aproveitaron para investigar sobre o universo e tiveron a grande idea de montar... até un planetario!!

Ao planetario chegamos en foguetes e naves espaciais.
E dentro... planetas fluorescentes!

En 4º EP adoptaron o teléfono e o telégrafo, para investigar os sistemas de comunicación a distancia. 

Sempre estarán con nós os vasos de iogur!
Murais e esquemas
E como non, o señor Morse!
En 5º EP adoptaron o proxector de cine e prepararon para nós unha chea de artiluxios de nomes estraños. 

A organizar o stand
Parte dos traballos realizados
En 6ºA EP adoptaron a maleta e decidiron investigar sobre a emigración en Cuntis durante a dictadura.

Preguntaron a todas as familias do cole!!
Grande traballo estatísitco

Continúa...



Moito traballamos!! Parte1.

Acabamos o curso presumindo de traballo. Nada mellor que iso!

Durante a última semana de clases, entre o 17 e o 20 de xuño, todas as familias que o quixeron poideron visitar tanto o Museo Xesús Ferro Couselo como a exposición de traballos realizados a través do Proxecto O museo sae do armario

Avisamos, para que esta entrada non sexa longa, dividímola en tres, porque traballamos moitísimo!

Educación Infantil


En 4º EI adoptaron a balanza, e investigaron moito para facer a súa:

A adoptada e a feita en clase.
Todo o que traballaron, en fotos...
Mesmo escribiron!

En 5º B EI adoptaron o muíño de café

Fixeron o seu libro, moeron unha chea...
E até deseñaron xoias con cápsulas de café!

En 6º EI escolleron os trebellos do liño pensando que o pente era para os cabalos...

E mesmo organizaron o stand para que o víramos bonito...
Que preciosidade de murais pintaron!

O restrello que non era para cabalos....






terça-feira, 18 de junho de 2019

Viva o verán!

Aínda que a chuvia non nos deixe imaxinalo, o verán xa está aquí. E con el o tempo para ler e escoitar música. Así que elabaoramos as nosas recomendacións para gozar no e do verán. 

Lembrade! Toalla, crema solar, sombreiro e libro. Ou paraugas, botas de plástico, impermeábel e libro. Segundo veña o tempo. 

Podedes descargalas aquí







domingo, 9 de junho de 2019

Inauguramos!

E, para acabar o ano, presumir do traballo ben feito e partillalo coa comunidade.

Repartimos o traballo de difundir o noso renovado Museo Xesús Ferro Couselo.

En 6ºA EP encargáronse de deseñar o cartaz anunciador. Como os equipos traballaron tanto, tivemos as profas a responsabilidade de decidir cal ía representar o proxecto.

Na variedade está o gusto!

Este é o gañador: xa podedes vir!!
Tamén prepararon o tríptico informativo que entregaremos ás visitas que cheguen para ver o museo: 






O alumnado de 5º EP encargouse no anuncio televisivo:




O alumnado de 4º EP, experto en comunicación, elaborou a cuña de radio que, ademais, foi emitida por RadioEstrada.

E como lles gustou tanto o noso proxecto, convidáronnos a contalo en directo no seu Magacine A Galería 2.0. Podedes escoitar a entrevista aquí, a partir do minuto 75, aproximadamente.


As nosas portavozas de camiño á radio: Marta de 1ºEP, Lara de 3º ESO e Natalia de 5ºEP.

O alumnado de 1º EP deseñou os convites que chegaron a todas as casas e ás amizades que temos no mundo fóra. 

Tivemos modelos diferentes!!

O alumnado de 4º EP convertiu o logo en coloridas chapas para regalar ás visitas: 

O antes e o despois.

E o alumnado de Informática de 4º ESO deseñou a páxina web onde aloxamos todos os nosos traballos. 




Se alguén non soubo da inauguración, foi porque non quixo!





Museo Novo, logo novo.

A última carta do Booking neste curso foi para propor o Concurso para escoller o Logo do Museo Xesús Ferro Couselo. 

A carta que chegou ás clases... e á sala de profesorado.


Finalmente tivemos dúas propostas gañadoras: 


  • a fechadura que creou o grupo de 5B de EI. 


A porta misteriosa deu moito xogo!



  • os ollos curiosos que inventou Federico Portas de 4ºA de EP. 


A curiosidade e a alegría de aprender.

Decidimos que imos usar os dous, o primeiro como Logo xeral e o segundo, máis lixeiro,  para a documentación




Gústanos a nosa Biblio...

...e sabémolo porque a utilizamos en substitución das aulas.

Aínda non acabamos de reorganizala, pero xa preferimos vir traballar para ela e estar nas clases.

A verdade é que nos está a quedar moi versátil e cómoda...

Temos mesas para traballar en equipo...
O recanto novo permite conversas e acordos...
Traballar sentadas no sofá non é igual que nunha cadeira. Porfavoriño!
E podemos recolocar todo segundo as nosas necesidades!
A verdade é que agora baixamos seguido!!

Imaxinade cando esté acabada!!