E fixemos o reconto de votos na comisión electoral creada para o efecto e integrada por alunmado de 1ºESO.
|
337 votos había na caixa... |
Cantidade suficiente para considerar os resultados hiper-lexítimos!
|
Repartindo os votos por lotes de partidos/mascotas. |
|
Aquí, a Comisión Electoral que avala a legalidade dos resultados. |
Contamos dúas veces e custodiamos os votos por se hai reclamacións...
|
Os votos totais clasificados e ordenados. |
E os resultados foron claros. A campioa destacou por enriba das inmediatas perseguidoras en dez oos, polo que podemos considerar a victoria contundente.
|
Con 76 votos, o Tiger!! |
E aledounos moito saber quen era a autora do deseño: Catalina Portas Schonfeld, unha alumna que acaba de incorporarse este curso á familia da nosa escola. Unha boa maneira de darlle a benvida!
Agora a pensar que fai un tigre na Biblioteca Escolar do CPI Aurelio Marcelino... Viría às aughas??!
|
Nun disputado segundo posto, Ponchu! |
|
que só adiantou por un voto á Terra! |
|
Arquelia ficou en cuarto lugar... |
|
Con corenta votos, e quinto posto, Miku! |
|
Termiña levou 28 votos. |
|
E Bibliolibro demostrou ser unha mascota de dez! |
Agora Catalina está traballando no Tiger pra proporcionarnos varias versións del que poidamos utilizar para todo... e igual escollemos algún nome dos moitos que propuxestes para "cuntificalo" un pouco máis.
Teredes novas!
Sem comentários:
Enviar um comentário