quarta-feira, 18 de janeiro de 2017

A mascota da Biblio 4: a votación.

Hoxe foi o día. 

No frío da mañá, na entrada da escola, xa estaba todo listo.

A mesa electoral
As papeletas de votación...
E mesmo @s votantes!

Organizámonos para votar todas as persoas que quixemos (fomos moitas!): 

  • Primaria votou durante o seu recreo, e como na mellor tradición galega, para que chegase o tempo, traía xa o voto da clase. 
  • Secundaria votou nos dous recreos que ten, con papeleta no colexio electoral.
  • E Infantil votou entre os recreos, para poder facelo sen agobios. 


O caos do primeiro recreo...

Pouco a pouco, foron chegando votos.

Dando instruccións para que o voto non sexa nulo.
Algúns tardaban en decidirse...
Outr@s, en cambio, tíñano moi claro.
Tranquil@s!! Hai tempo para tod@s!!

Como aquelas sufraxistas, orgullosas de exercer o dereito a voto.
Non faltou voluntariado para atender a mesa...

E si, finalmente fomos pasando todas. Aínda non sabemos quen é a gañadora, pero o que si está claro é que o nivel de participación non foi pequeno. 

Mirade que chea está a caixa ao final da mañá!!


Viva a democracia!!

Tanta papeleta leva tempo contabilizala. Se mañá temos os resultados, anunciarémolos aquí. Se non, o venres... 

Que intriga!!





Sem comentários:

Enviar um comentário