Ai, temos un pouco abandonado este espazo... Son tantas cousas a atender!!
E non vos contamos o que andámos a facer estas últimas semanas...
A finais de novembro comemórase, o día 25, o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Desde a Biblioteca Escolar, espazo que queremos libre de machismo, fixemos a nosa proposta, ademais de outras que se deran no centro.
Así que propuxemos algo sinxelo ás nosas usuarias: reflexionar sobre as pequenas grandes violencias do día a día, porque antes dos desprezos, os insultos, as malleiras, as agresións graves, vivimos envoltas en pequenos actos cotiás que nos reducen, nos incomodan, ou fan que nos sintamos mal.
Todos os días contra a Violencia de Xénero. |
No panel que preparamos había espazo para todas e para todos:
Elas e eles tiñamos sitio para a reflexión... |
Sentímonos agredidas cando... |
Agredimos cando... |
Mmmmm!, parece que as nosas percepcións non son tan diferentes... Agora só toca mudar as nosas actitudes!
Para completar a actividade, visibilizamos na entrada da Biblio, algúns documentos dos fondos que tratan, directa ou indirectamente, o tema da violencia de xénero e as violencias contra as mulleres:
Aínda non sendo 25 de novembro... |
...podemos ler e aprender! |
Sem comentários:
Enviar um comentário