O noso centro foi seleccionado para participar no Proxecto Dragal 2016-2017. Por esta razón, toda a ESO tivo como lectura obrigatoria o libro Dragal I, de Elena Gallego. Participar no proxecto implica facer actividades complementarias à lectura, que nos van indicando desde a coordinadora.
Ao final, isto non deixa de ser unha grande escusa para colaborar entre os diferentes grupos que están traballando no centro:
O Equipo de Dinamización Lingüística deu co proxeto e coordena o asunto, o departamento de Lingua Galega leva as lecturas de aula e a preparación de actividades co alumnado, no Club de lectura completan coas sesións dedicadas a Dragal II, na Biblioteca Escolar colaboramos ofrecendo tempos e espazos, que boa falta fan.
Así dá gusto!!
Entre todas decidimos recrear, nun recanto da entrada, aproveitando o oco das escadas, a Cova da Moura onde descansa o Dragón...
Comezou o Club de Lectura a traballar e continuamos na Biblio, durante os recreos desta última semana...
![]() |
| Ohhhhh, iso son uns ollos?? |
![]() |
| En 4ºESO non se mollan, pero opinan :D |
![]() |
| A culpábel de todo este barullo: Nati. |
E xa que o alumnado de 4ºESO non tiña vontade de enzoufar as mans en cola ou témpera, reservámoslle outra tarefa: o duro traballo da cantaría!
![]() |
| De aquí pretendemos sacar unha cova, seique. |
![]() |
| Si, alguén ten que termar do papel con dous dediños de nada. |
![]() |
| Aquí estará a Cova do Dragón (non, ese non é) |
![]() |
| E as primeiras pedras xa foron colocadas... |
TRANQUILIDADE!!! Aínda estamos a comezar... Como dicía Castelao, non lle poñades chatas á obra namentras non se remata...







Sem comentários:
Enviar um comentário