Como todos os anos, desde a Biblioteca preparamos unha proposta de actividades para traballar no 8 de Marzo, Día Internacional da Muller Traballadora.
Como este ano o tema de centro son os Dereitos Humanos non podíamos dedicar o día a outras mulleres que non foran as activistas en loita polos dereitos de todxs.
Para ambientar a entrada do centro non esquecemos os paraugas. E pedimos ao noso grupo de activistas da Biblio, ademais das titorías, que deseñasen o símbolo do feminismo loitador para pendurar das varas:
 |
Feminismo ilustrado |
 |
A verdade é que nunca tanto xogo deron uns paraugas |
Preparamos dous xogos, que obrigaban a revisar os fondos da exposición que preparamos para o caso:
Un de nome Mulleres en Loita enorme, cunha chea de activistas que había que asociar co Dereito Humano polo que pelexaron:
 |
Non están todas as que son, mais si son todas as que están. |
 |
Procuramos visibilizar mulleres de todos os continentes
|
 |
E de épocas variadas |
 |
A cousa non era fácil... |
 |
Non tiñan máis remedio que consultar nos libros. |
O outro xogo, o Aí falaches!: relacionar frases coa activista que as pronunciou.
 |
Faltan as mulleres... |
 |
Ui, aí non!! |
Colocamos tamén un 8M feito de post-its para cadaquén escribir libremente as reflexións que quisera:
 |
Quedou un corredor cheo! |
 |
E cremos que os grupos gostaron... |
 |
Sempre gostan... |
Sem comentários:
Enviar um comentário