Comezaron a chegar rumores á sala do profesorado: as crianzas descobriran a posibilidade de romper a gaiola na que o Booking estaba detido. Algún mesmo trouxo unhas tesouras da casa para ver de facer algo...
Decidimos fugalo.
A foto non deixa lugar a dúbidas: Booking escavou un burato. |
Fixemos os cartaces correspondentes e pegámolos por corredores e portas. Outra vez, nun recreo, a sorpresa:
|
Non pode ser!! |
A verdade é que os primeiros recreos despois da fuga foron un caos de carreiras, trotes e cavalgadas: todo eran grupos de crianzas á búsqueda do animal por todo o centro: houbo quen veu asomar o rabo nunha das árbores do patio e foi pedir a Paco as escadas para o rescate; houbo quen o viu meterse no pavillón, houbo quen encontrou pegadas del no museo...
As pequenas concluíron que o Booking tiña medo de ser denunciado e devolto ao CIE e decidiron empapelar o centro con mensaxes de apoio e ánimo, para que o tigre voltase.
Boicoteando ás forzas da orde! |
Para dar continuidade á historia e ver como reaccionaba o alumnado, decidimos pedir asilo ILEGAL para o Booking.
Apareceu nunha das aulas, 3ºB EP, acompañado dunha carta:
O Booking a agoniar: quereranme? |
Anteporán Dereitos Humanos a Legalidade? Chivaranse? |
O grupo de 3ºB EP acolleu en segredo á nosa mascota, ao tempo que continuaba xestionando os seus papeis. Non llo dixeron a ninguén, só á súa titora.
Fíxeronlle unha cama e tíñanlle comida e auga a diario (mesmo churrasco lle levaron!)
Nunca tan coidado estivo o tigre! |
Para que ninguén máis soubera que estaba aí e o entregase á policía, desde a chegada de Booking as sesións en 3ºB eran a porta pechada... e en canto alguén chamaba á porta, carreiras, presas e engano:
Experimento de ciencias, si! |
Booking estivo tres semanas vivindo coas crianzas de 3ºB. Até chegar unha carta que entregaba o seu novo NIE, conseguido grazas aos trámites feitos pola rapazada.
A actividade de motivación para o proxecto de Dereitos Humanos non puido saír mellor.
Sem comentários:
Enviar um comentário