No Entroido no noso centro sempre o pasamos ben.
Ademais de argallar os disfraces nas aulas e organizar o desfile e xs de ESO preparar coreografías e mesmo coplas e cantos, durante toda a semana contamos cun CHAPANTE que nos propón unha consigna diaria para nos disfrazar.
Este ano escollémolos relacionados co tema transversal Dereitos Humanos: somos diferentes, somos iguais:
- Luns: Como temos dereitos á SANIDADE, venda o teu corpo á túa vontade.
- Martes: A liberdade de expresión é outro dereito, trae unha palabra escrita no peito.
- Mércores: Como xogar é un deretio moi importante trae un xoguete como colgante.
- Xoves: Polo dereito a ter un alimento axeitado, trae na cabeza unha hortaliza como tocado.
E foi o escándalo:
- E o pixama?
- E o día de vir en pixama?
- Por que non podemos vir en pixama??
- Levamos toda a vida vindo un día en pixama!
- TEMOS DEREITO A VIR EN PIXAMA!!!
E as activistas decidiron organizar un concurso desfile de pixamas para desafiar a autoridade antroideira e reivindicar o seu dereito a unha identidade pixamosa.
Unha cousa seria, ei, con pasarela e xurado!
Grande expectación! |
Até veu Booking - Pixameiro |
E houbo serios debates e gañadores/as finais. E presente bibliotecario: candaseu libro!
Cousa seria, chico! |
Sem comentários:
Enviar um comentário