Desde a Biblioteca Municipal de Cuntis convidáronnos a participar nun Obradoiro de Escrita con Andrea Barreira Freije, escritora de recoñecido prestixio (aproveitamos para vos recomendar o seu Palabra de Bruxa, que adoramos).
Así que alá fomos, os grupos de 1ºESO, de paseo até a Biblio Municipal, armadxs de boli e caderno, para coñecer esta autora.
|
Mario Touceda, o bibliotecario, presentounos a Andrea Barreira. |
E cando Andrea comezou a falar, descobrimos que era o que quería: transformarmos o mundo dos contos: darlles a volta para reflexionarmos sobre cuestións de xénero e roles e imaxe de mozos e mozas nese tipo de obras.
|
Cada neno e nena houbo do escoller catro personaxes e describilos brevemente. |
|
E despois tocou saír á palestra a contar deles, e deconstruilos e ver se eran sexistas ou non. |
|
A verdade é que abundou o voluntariado.... |
E despois de escoitar e falar... escribir!
|
Diego até fixo ilustracións! |
|
Non non, á mocidade de agora non lle gusta escribir nada nada. |
Voltamos para a escola ben contenxs e, nas clases, aínda lle demos voltas aos novos contos e os melloramos.
Mario sempre nos propón cousas chulas!
Sem comentários:
Enviar um comentário