Xa que este ano o Proxecto de centro é sobre Dereitos Humanos non podiamos deixar pasar o Día Internacional dos Dereitos Humanos, que se conmemora o 10 de decembro.
E foi proposta a seguinte actividade a titorías e grupos: crearmos quebracabezas xigantes nos que cada lado fose creado por un grupo/titoría, elaborando un mural sobre o Dereito Humano da súa preferencia.
E argallamos:
 |
Papel preparado para as profes levar ás aulas... |
 |
Dados acabados |
Non podíamos ter proposto unha actividade máis entretida e motivadora. Conseguimos crear tres quebracabezas, con propostas de case todas as titorías do centro. E os recreos viraron nun campo de xogos xigante.
 |
Cada clase quería deixar visíbel o seu mural.... |
 |
Orgullosxs do traballo feito |
 |
Moi orgullosxs |
 |
Admirando o traballo das outras clases |
E cando a rapazada cansou de xogar a descobrir dereitos humanos, non pasou nada: so bloques eran estupendos para construir cabanas!
Sem comentários:
Enviar um comentário