Desde que renovamos a Biblioteca e conta con espazos diversos e temos as tablets do centro depositadas nela, cada día é máis habitual que as profas a usemos para dar nelas as nosas sesións de clase.
O alumnado prefire... Quen quere estar na sala de aulas habendo sofá e pufs para sentar!
Despois chegan e sentan nos tallos de Infantil, que lle imos facer! |
A configuración do espazo permite traballar en grupos ou equipos, sen incomodarse, como ás veces acontece nas salas de aulas.
A butaca de ler é sempre para a profa, que vixía atentamente desde ela... |
O mellor é que podemos coincidir grupos de distintos niveis e conseguimos partillar a Biblio sen problema:
Que fan aquí as crianzas de Infantil, se está as da ESO???? |
Se é que hai sitio para todas!! |
O uso compartido do espazo permite, moitas veces, encontros que doutra maneira non se darían, ou terían que ser programados:
Como que Héctor ensine Tecnoloxía aos pequenos. |
Sem comentários:
Enviar um comentário