O tema deste ano, para traballarmos a través do Proxecto de Centro, é o dos Dereitos Humanos.
Desde a Biblioteca encargámonos de sacar adiante a actividade de motivación para o alumnado. Até agora lamentamos ter un tigre por mascota. Que terá que ver un tigre de Bengala coa comarca? que pinta na Vila do Baño? Mais a democracia é a democracia, e Booking foi escollido unanimemente...
E nunca tan ben nos veu que Booking fose estranxeiro e exótico.
Porque decidimos expulsalo.
Antes avisamos ao profesorado:
Na sala de profesorado o aviso de carta e proposta de actividade.... |
Imos traballar a INSTANCIA |
E, de sorpresa, nun dos recreos, apareceu o pobre do animal detido nun CIE:
A sorpresa foi grande... |
E a expectación tamén... |
Booking, como tantas veces, escribiu ás aulas. Pero esta vez o seu pedido era ben urxente.
|
Non tiveron tempo as profas para traballar as instancias nas aulas....
Comezaron a chegar cartas sen censura e con propostas protestonas.... |
E foi estendéndose pola escola a necesidade de manifestar a indignación popular, como demostra este vídeo clandestino gravado ao grupo de 2ºEP.
Ui ui ui, que imos ter lío...
Sem comentários:
Enviar um comentário