Como todos os anos, na escola damos moita importancia ao Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Como todos os anos, desde a Biblioteca, organizamos unha exposición de fondos, cada vez mais actualizados e mellores, sobre o tema, con unha breve recomendación para niveis e subtemas que poden ser traballados con cada.
Cada libro con a súa etiqueta recomendadora. |
Si, fomos ampliando a cantidade a calidade dos fondos, si. |
A personalización do espazo, desta vez, a cargo de Educación Infantil. |
Partindo dos fondos da Exposición, propuxemos aos grupos e titorías unha actividade artístico-performativa:
Cada alumno e alumna decoraría unha caixa de zapatos coa mensaxe que quixese ofrecer sobre a violencia contra as mulleres para, entre todas, construirmos un muro que bloquease esa violencia.
O día 25 de Novembro, como chovía atemporalado, tivemos que mudar de planos. O muro que iamos construir na Praza do Concello houbemos de facelo no pavillón.
Que maravillas fixo o alumnado!!
Por quendas fomos argallando o muro entre todas as clases de EP e ESO:
A facer masa... |
Quedou ben xeitoso! |
É claro, non podía acabar a intervención sen a lectura dun manifesto.
Probando, probando!! |
Quedamos tan orgullosxs dos nosos traballos artísticos que nos deu pena desfacernos das caixas ou levalas para as casas, así que acabaron decorando os corredores do centro todo o curso:
Un dos muros, nas escadas de Primaria |
Sem comentários:
Enviar um comentário