O grupo de activistas vai vento en popa.
Argallamos un sistema de reparto de tarefas e comunicación coa coordinación da Biblio e a medida que o curso avanza, máis nos afacemos.
Cada semana Colocamos o táboa con tarefas e persoas:
Unha chea de activistas temos! |
Establecemos, inicialmente, catro tarefas: atender o servizo de empréstito de fondos, Colocación do fondos, control de cumprimento das normas e visitas ao Museo.
Cada día, hai unha ou dúas persoas para atender os asuntos.
Como a coordinadora de activistas é profe en secundaria e as activistas son todas de primaria, non todos os recreos está dispoñíbel para resolver asuntos.
Así que nos fixemos cunha axenda:
Ben bonita, ademais. |
E anotamos todo, todo:
Que gusto que funcione todo!
Sem comentários:
Enviar um comentário