Dentro do proxecto de centro, o alumnado de 4º ESO estaba a traballar, coas profesoras de Lingua Galega e Lingua Castelá, a cuestión da memoria histórica.
Visionamos os documentais A pegada dos Avós e El silencio de otros e iso espertou a curiosidade do grupo por saber mais de como foi vivido o golpe de estado do 36 e a guerra nas súas familias, nos seus lugares.
Coincidindo con isto, desde o Centro de Día do Concello propuxéronnos unha visita dxs seus/súas usuarixs para un encontro coa rapazada e pensamos que sería estupendo que puidesen compartir a súa experiencia con este grupo de mozas e mozos.
Non sabíamos como sacar o tema que nos interesaba, porén aconteceu a maravilla: saiu o asunto de maneira espontánea e foi brutal escoitar os horrores da represión narrada polas súas testemuñas case directas.
Adoramos!
Contando de cando moceaban.... |
E de cando traballou en Vigo! |
O que lle fixeron á miña nai... |
Nunca a butaca de contar fora tan emocionante...
Fixemos, felices, foto de grupo. |
Estabamos a 10 de marzo.
Quen diría que dous días despois nos habían mandar para a casa e non nos veríamos máis en todo o curso...
Sem comentários:
Enviar um comentário