terça-feira, 23 de junho de 2020

Magosto!

O día do Magosto é día de festa para a escola. 
Entre unhas e outras argallamos actividades toda a mañá.
Desde a Biblioteca organizamos, como todos os anos, una Xinkana do Saber con tema único: o castañeiro, as castañas e o magosto. 

Para iso preparamos un circuito polo interior da biblioteca e o centro. En cada punto unha copla-pista para encontrar a seguinte e unha pregunta sobre o tema para investigar. Os equipos tiñan
  1. localizar todas as preguntas e anotalas
  2. averiguar a resposta correcta
As pistas non estaban moi escondidas...

E difíciles non eran...

Nada escondidas!!!

Pois tolearon. 
O mundo este das pistas rimadas parece ben difícil...

Entrega da primeira pista aos equipos...
E comeza a procura...

Máis á esquerda, máis á esquerda!

Pedindo papas às profes...
Demos con unha!!

Para a segunda parte do xogo ofrecemos dous recursos: os fondos da biblio e as tablets.

Os livros que podían proporcionar información estaban ben á vista...
E miramos neles...
Claro que, habendo tablet, preferimos.

Como a biblio a tiñamos copada con esta actividade, a outra que propuxemos houbo de ir para a aula de música, como boa Biblioteca Expandida que se preze. 

Robótica!!
Un obradoiro para todo 6ºEP

E non hai fotos, mais despois tocaron castañas, é claro. 






Sem comentários:

Enviar um comentário