terça-feira, 14 de novembro de 2017

25N na Biblio

O 25 de Novembro é o Día Internacional contra a Violencia de Xénero e na Biblioteca Escolar de Cuntis non somos indiferentes a esta cuestión. É máis, somos altamente sensíbeis a ela.

Na entrada do centro podedes curiosear entre os fondos que seleccionamos para este día:




Está claro que queremos un centro e unha bibliotecas libres de violencias machistas.

Este ano preparamos, xunto coa Comisión de Convivencia, unha proposta de traballo, reflexión e intervención dirixida a todos os niveis e titorías do centro, cuxo produto final agardamos partillar aquí con vós.

Estes son algúns dos materiais que seleccionamos para traballar:

Educación Primaria/ Educación Secundaria


Como corres?


Roupa de nenas?


Princesas Boludas


Crianzas e moda





Educación secundaria

 
Non che pasou...? 


A min tamén me pasou. 


Agora ou nunca: Cen frases machistas... 


Querido papá


Non só doen os golpes. 


Para todas e todos, forza e vontade:








segunda-feira, 6 de novembro de 2017

Bibliodecor!

Como xa vos contamos, este ano pasamos a formar parte do PLAMBE, o Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares. Isto quere dicir que dispoñemos de diñeiro para mellorar os equipamentos da Biblio, isto é: estanterias, mesas, zonas de lectura libre, ... 

Xa vos cheagaría a miña carta para o Concurso de Ideas, pois, a verdade é que non sei por onde comezar a gastar o diñeiro... 

Para que deseñedes a vosa biblio ideal, déixovos aquí algunhas imaxes doutras Biblios que SI, de verdade, SI EXISTEN polo mundo adiante: 

Xogamos ao parchís??

Recanto de lectura, de LECTURA!

Isto que é, unha biblio ou un Lego!?

Asento-columpio, o nunca visto!

Sofá andel para crianzas cansas!

Isto si é Biblio de COR

E veña recantos!

Vivan os pufs!!

E claro é: vivan os sofás!!

quarta-feira, 25 de outubro de 2017

A Cantar no Samaín

Mirade que cousas bonitas fan noutras escoliñas!!

Neste caso, o EDL do CEIP Pío XII, de Santiago, preparou estes hits sobre o Samaín para que espantemos sapos e curuxas, mouchos e bruxas ao ritmo que dancen os pés.

A cantar e bailar!!





segunda-feira, 23 de outubro de 2017

Canto sabes do Magosto?

O venres pasado fixemos o Magosto: asamos castañas, xogamos, comemos, bebemos...

e aprendemos!

Desde a Biblioteca organizamos, para os obradoiros que se ofertaban ao alumnado, unha Xincana do saber sobre o castiñeiro, as castañas e o magosto. Ía dirixida a 3ºESO e 4ºESO.

Dividido en equipos o alumnado tiña que resolver as preguntas en 40 minutos, utilizando para iso os fondos da biblioteca e as TIC's.

Descobrimos que temos seccións específicas... 
E usamos dicionarios que antes ninguén usara...
Guías das que descoñeciamos a existencia...
E mesmo webs informativos que non son a omnipresente wikipedia...
Traballamos moitísmo!
O segredo para tanta concentración?

Que os móbiles tamén poden ser usados para o ben!! ;)

Veña, que xa quedan menos!!
A primeira equipa gañadora, a de PMAR de 3º ESO, que acabou antes que ninguén con todas as respostas correctas...

Orgullosas e orgullosos!!

As respostas sabíaas calquera, pensaredes... Quen sabe! Sodes quen de resolvelo vós??

Animádevos a participar!



terça-feira, 27 de junho de 2017

Teatro de sombras

Que é isto? 

Cousas raras facedes na biblio!!
O esquelete, para que?

Ahhhhhhhhh!
Pois! Para un teatriño!

En 1º ESO botamos medio curso a preparar as nosas obras teatrais. Chegado o último día de escola, decidimos convidar a quen quixese a asistir á nosa función. 

Preparamos textos inspirados nas trastadas e trangalladas da mitoloxía grega; as súas pelexas, os seus abusos de poder, os seus conflictos infantís... E deseñamos as nosas silluetas para ver ás escuras... 

E viñeron nenas e nenos chegadas de todas as clases! Desde 3º de Primaria até 3º PMAR. 

O público foi atento e respectuoso.

As actrices estaban algo nerviosas... 
Pero todo saiu ben!! 

Representamos seis, seis!, obras teatrais. 

E a crítica respondeu positivamente. Todas aprobadas!!

Un barco para Aquiles...
Cerbero e a súa caseta do Inframundo.

Hermes no alto da torre máis alta.
Caronte e a lagoa Estixia...
O temido castelo de Hades!
Ai, Venus, que farías?!

Non podía haber mellor despedida de curso!


Pequenas

Si, algunhas somos pequenas, e non chegamos ás estantes de arriba de todo e perdemos de saber que libros hai que comecen por A.
Así que encargamos algún escano para poder chegar até o infinito e máis alá... 
E tivemos a sorte de que en 4ºESO xa saben ler instrucións e teñen boa disposición e souberon montar os banquiños para que as pequenas cheguemos aos libros máis altos. 

Mellor andar aos parafusos...

..que a buscar información para os traballos da escola... 

segunda-feira, 26 de junho de 2017

Aprendemos a CDU

Tiñamos que aprender como está organizada a Biblioteca, mais non demos feito en medio curso. Ao final, puxémonos co conto. 
Ao tempo que organizamos as Ciencias Naturais e as Ciencias Aplicadas, no mini-grupo de Lengua de 2ºESO aprendemos en que consistía iso da CDU para explicarllo ao resto do centro. 

Ademais de aprendelo nós, revisamos toda a Biblioteca para comprobar como está distribuida. Para iso sinalizamos provisoriamente cada estante coa cor que lle correspondía. A idea é ter unha visión inicial para decidir modificacións de cara ao curso que ven. 

Preparando o mural básico
Clasificación Decimal Universal

O noso primeiro mural, chispas!

Ao tempo, fomos sinalizando estantes... 

611. O Corpo Humano

E preparamos uns xogos por equipos para comprobar que a rapazada comprendía isto da CDU: 

Un asociar cada libro á sua cor e número...

Escollendo os libros para cada tema.
Outro para emparellar ETIQUETA e LIBRO e así entender esa pegatina do lombo....

Moha preparando as listaxes de etiquetas...
O caso: non houbo tempo. Enredamos un pouco, fomos algo lentas e, ao final, non puidemos facer as sesións para as compañeiras da escola. Pero quedou todo listo para facelas o curso que ven... 


En setembro, CDU!





 

Viva Carlos Casares!

O venres 12 de maio, o alumnado de 2º ESO do noso centro achegouse até a Biblioteca Municipal de Cuntis. Alí participou nun xogo interactivo arredor da figura de Carlos Casares, autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. 
A través de xogos de preguntas e probas a rapazada coñeceu un pouco máis tanto a vida e obra de Carlos Casares como o funcionamento e instalacións da Biblioteca Municipal. 


O dado decidía que tipo de proba habían de afrontar os grupos.



...como buscar libros de animais por toda a Biblioteca...
Xa sabedes... 

O galo de Antioquía


A galiña azul


O can Rin e o lobo Crispín


Un polbo xigante...



Ou crear portadas de libros imaxinarios... 

Agardamos que as colaboracións coa Biblioteca Municipal continúen... 


quarta-feira, 21 de junho de 2017

As Letras e as Mulleres

Vendo que o Día das Letras Galegas é un día sen mulleres (3 en 54 anos! Que vergonza!!), desde o Servizo de Igualdade do Concello de Cuntis convidaran a unha grande poeta galega, Yolanda Castaño, para que visitase o noso centro e tivese un encontro co noso alumnado. 

Teríamos así unhas Letras máis inclusivas e menos sexistas. 

Yolanda trouxe con ela, o 18 de maio, toda unha nómina de poetAs que ben merecen letras e días e que case sempre descoñecemos, ademais de axudar ao alumnado de 3º e 4º ESO que non andaba de viaxe a facer os seus primeiros poemas. 

Listaxe colectiva de escritores... Só unha muller: Rosalía, cal vai ser? 
Mulleres irmandadas... descoñecidas!
Autoras de hoxe e os seus versos

O alumnado repartiuse en grupos para traballar cada un partindo dun deses versos de poetas galegas... Veña a poetar!!

Os grupos de cheo no traballo de que os pille a inspiración.
Chega? Non chega??
Asesoramento privilexiado!



Arrumando as Ciencias

Pensamos que a mellor maneira de aprender é facendo, así que a mellor maneira de aprendermos a ter a biblioteca ordenadiña e ben arrumada é arrumando e ordenando. 
Primeiro estivemos a revisar a sección máis grande, a de narrativa, mais esquecemos facer fotos para ensinarvos aquí. 

E despois entrámoslle ás ciencias naturais: 

A idea era simple. Nas mesas (si, desculpas, ocupamos as mesas durante días) colocamos cartelas cos apartados da CDU que iamos utilizando. Retiramos os libros das estantes e fomos adxudicando a cada monte. Aproveitamos para EXPURGAR, é dicir, desbotar volumes obsoletos, destragados ou vellos. 

Cando? Case sempre nos recreos... 

Escollemos ciencias porque, quen non gosta dos animais? 
Libros en montes

Moooooooontes!!

Decidindo que tema trata o libro... 
Con algúns era fácil (aves! Peixes e réptis!). Con outros...
Menos mal que veu ao noso rescate o grupo de Ciencias Aplicadas de 4ºESO, porque tiñamos un bo lío motando co 55. e o 54 da CDU. Ah! non sabedes que é a CDU? Aquí a está, explicadiña...

A profe de Bioloxía, María Xosé, revisando libros con nós. Ao fondo, mais revisores/as.

Demos ordenando as Ciencias Naturais! E vimos onde faltaban libros de interese para as próximas compras. E levamos o corpo humano para o seu sitio, e mesmo chegamos a reorganizar tamén o apartado 6, das Ciencias Aplicadas

E aprendemos algo do funcionamento das Bibliotecas. Moitas nin sabían que había unha orde!!!