Mostrar mensagens com a etiqueta Donas de si. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Donas de si. Mostrar todas as mensagens

quinta-feira, 6 de junho de 2019

Donas de Si: Ánxela Ruiz Robles

Como participamos do Programa Donas de Si, dentro do Plan Proxecta, a Secretaría Xeral de Igualdade ofreceunos a posibilidade de contar cunha sesión a cargo da editora Lela, falando e deseñando algunha das mulleres da súa colección Mulleres Galegas.

Como en 2º EP, dentro do proxecto do Museo, adoptaron a máquina de escribir e investigaron a historia da escritura, decidímonos pola figura de Ánxela Ruiz Robles, inventora do precedente do libro electrónico. 

E alá viñeron contador e ilustradora a falar para nós desta inventora. 

O libro que escollemos para traballar
Contando dela á rapazada
Xúrovos que é verdade!



quarta-feira, 5 de junho de 2019

8M 2: mulleres e música

Pero non iamos deixar soa a Dorothé Schubarth, como se ela fose a única musicólogA ou músicA do mundo. 
Así que montamos unha expo cos nosos fondos musicais e femininos. Libros e discos. Letra e melodía. 

Aí, coa Dorothé Schubarth, para acompañala e entretela.

Unha chea de libros e materiais.
Con grande representación galega.
100 artistas, sete mulleres. Está boa a navalla!!
 
Cantas mulleres, que poucas músicas!
O alumnado gosta de coñecer os fondos do centro....
Adoramos ver que este tipo de actividades cumpren obxectivos!




8M: Estivo Dorothé na túa casa?

Como fundir o 8M, Día Internacional da Muller Traballadora, co tema transversal do curso: De boca a orella, a tradición oral? 

Pois moi fácil! Coñecendo a Dorothé!!

Dorothé Schubarth foi a protagonista do noso 8 de marzo. Dorothé Schubarth é musicóloga e andou por toda a Galiza recollendo música tradicional para incluila despois nunha obra monumental: O Cancioneiro Popular Galego.

Todo o seu traballo en dez tomos!! 
Curioseando no Cancioneiro descobrimos que Dorothé andou por Cuntis a finais dos anos 70 e recolleu música por casas da zona. 
Así que propuxemos ao noso alumnado unha pesquisa: 

Estivo Dorothé na túa casa? 


E ao, tempo, xogamos coas cantigas e coplas recollidas nas nosas parroquias. 

Toda a exposición...
Dorothé; quen é, por onde andou, e as súas informantas de Cuntis.
Conseguiremos algún dato máis?
Un dos xogos: localizar o verso que falta.

Concurso: serás tan orixinal como a tradición?
Concurso: o mellor verso para a liña perdida
Sempre: a urna para as papeletas...
Do que máis gostamos foi de xogar, claro.

Pois este non sei onde vai!
Atende á rima!!!

Ah, vai aquí!
Pero non todo nesta vida e brincallar. 

Nas clases de Música todo o alumnado coñeceu a figura de Dorothé, e houbo quen preguntou nas casas, e houbo quen quixo coñecela... 

As de 6º EP consultando o Cancioneiro.
Buah, pero recolleu unha chea de melodías!!!
Decidimos escribir a Dorothé Schubarth para convidala e vir ao centro.... E respostou... Só que até o curso que vén non pode visitarnos. 

Xa estamos impacientes!!

Ah, e demos con unha da informantas de Dorothé Schubarth: a bisaboa de ........ é










terça-feira, 4 de junho de 2019

25N: Pensas o que dis?

Todos os anos, para o 25N, Día contra a Violencia de Xénero, preparamos unha exposición de fondo que recomendamos para ler/ver/escoitar e traballar nas aulas e nas casas e nas rúas e nos parques. 

Temos materiais para todos os niveis e todas as idades...
E alumnas interesadas en saber máis!
Pero este ano quixemos darlle unha volta á actividade do día e reflexionar sobre o que acontece no noso entorno máis inmediato. Dunha conversa xurdida no Club de Lectura das grandes, decidimos facer unha listaxe de frases e comentarios que as mozas e nenas da escola escoitan no día a día, proferidas por amizades, familia, colegas, parellas... por tantas de nós!!

Decidimos anotar comentarios positivos e negativos... positivos?
E partindo deles, traballando en secreto durante os recreos (viva o activismo!) e en colaboración coa profe de Plástica, elaboramos carteis que recollían as frases que nos pareceron máis significativas e impactantes. 

Traballo en equipo!
Moito calcamos e pintamos!
O día 25 de novembro, no primeiro dos tres recreos, ceibamos as frases no patio. Todas elas. Mesmo as insultantes.

Pensamos o que dicimos?
En serio?
De verdade?
O alumnado, ao saír, chocou, literalmente, coa listaxe de insultos e desprezos. 

Todo iso dicimos? Todo iso?
Buah, olla!
Iso tamén nolo din a nós....
A actividade deu que falar. Houbo a quen non lle pareceu ben que apareceran palabras feas nun patio de escola, mais a reflexión que propuñan as nosas mzoas era que esas palabras as escoitan no día a día. 

Elas mesmas pediron para sacar a intervención fóra do cole. E na última sesión de clase, alá foron para tinxir Cuntis coa mesma pregunta: pensas o que dis? 

Non deberiamos deixar pasar estes comentarios.
Os recados que recibimos as mulleres non levan a bo camiño...
Cadaquén que escolla o camiño que segue...





terça-feira, 19 de junho de 2018

O secuestro da Bibliotecaria

Estas últimas semanas as crianzas do Club de Lectura As Campaíñas, sección infantil, andaron moi ocupadas: pensar a idea, organizar as escenas, escribir os diálogos, escoller atrezzo e vestuário... BUFFF! un traballón. 
Pero conseguiron sacar adiante a súa primeira 

PELÍCULA!! 


Aquí vos deixamos, a modo de despedida festeira, O Secuestro da Bibliotecaria, versión libre e libérrima da obra de teatro de Sarabela Teatro que ao tempo e versión libre da novela de Margaret Mahi. 





terça-feira, 5 de junho de 2018

María Victoria Moreno: de gatos e cadelos

E aproveitando que María Victoria Moreno sentía un grande amor e respecto polos animais, e que entre os seus preferidos estaban cans e cadelas, decidimos sacar a pasear todos os que viven na nosa biblioteca, para que os coñezades, os mimedes un pouco e lle escoitedes as súas historias. 

Temos unha chea deles!

E alguén escribiría?

A variedade e calidade de libros é impresionante!


A gata Florenta, o gato poeta...

Tento non podía faltar, sobre todo se ten medo de quedar só...
Lucía Cotriñas é algo porquiña...

Quen dixo que non hai teatro?

Adoramos as aventuras de Garabato e Tinta.
Bambulo e Colmillo Blanco, clásicos xa. 

Non podía faltar Penexo, nin os contos de animais...
Cans? Cans? Ese libro é de Cans?
Sempre animais, nunca mascotas.








María Victoria Moreno: a exposición

Este ano o Día das Letras Galegas foi dedicado a unha autora especial para as escolas: 

María Victoria Moreno. 

Especial por que? Pois porque durante toda a súa vida puxo especial empeño e interese en crear obras literarias para crianzas e adolescentes. Quería que todas poidesen ler en galego. 

A nosa biblioteca está chea de libros de María Victoria Moreno, desde os máis antigos aos máis actuais e as novas edicións. E cando fixemos o expurgo... demos con uns exemplares especiais.

Non chegaron as mesas para tanto libro!!

Edicións vellas e novas partillando espazo.

Algo tiñan eses das caixas de madeira, gardadoras de tesouros... 

Asinados pola autora!!! Cando estivo aquí?

Para que o alumnado parase a mirar os fondos Morenís, ideamos un xogo-concurso. 
Decoramos a parede con ilustracións procedentes dos seus libros. Como alguén nos contou que María Victoria Moreno pedía ás ilustradoras das súas obras que meteran nalgún debuxo os seus cadeliños, buscamos cadelos en toda a súa obra. Aínda que isto acabou por non ser certo, pois había libros sen Alma 😉 , si encontramos unha chea de cans... 

Unha chea!

As nenas e nenos tiñan que localizar a que obra de María Victoria Moreno pertencían as ilustracións numeradas...

E cubrir fichiña... 

E probar sorte, e votar!

Ás profes parece que lles gustou a expo... 

Curiosearon todo!
E por como quedaban as mesas despois de cada recreo, parece que polo menos, dinámica e interactiva, si foi... 

Ai, mimadriña!!