terça-feira, 5 de junho de 2018

María Victoria Moreno: a exposición

Este ano o Día das Letras Galegas foi dedicado a unha autora especial para as escolas: 

María Victoria Moreno. 

Especial por que? Pois porque durante toda a súa vida puxo especial empeño e interese en crear obras literarias para crianzas e adolescentes. Quería que todas poidesen ler en galego. 

A nosa biblioteca está chea de libros de María Victoria Moreno, desde os máis antigos aos máis actuais e as novas edicións. E cando fixemos o expurgo... demos con uns exemplares especiais.

Non chegaron as mesas para tanto libro!!

Edicións vellas e novas partillando espazo.

Algo tiñan eses das caixas de madeira, gardadoras de tesouros... 

Asinados pola autora!!! Cando estivo aquí?

Para que o alumnado parase a mirar os fondos Morenís, ideamos un xogo-concurso. 
Decoramos a parede con ilustracións procedentes dos seus libros. Como alguén nos contou que María Victoria Moreno pedía ás ilustradoras das súas obras que meteran nalgún debuxo os seus cadeliños, buscamos cadelos en toda a súa obra. Aínda que isto acabou por non ser certo, pois había libros sen Alma 😉 , si encontramos unha chea de cans... 

Unha chea!

As nenas e nenos tiñan que localizar a que obra de María Victoria Moreno pertencían as ilustracións numeradas...

E cubrir fichiña... 

E probar sorte, e votar!

Ás profes parece que lles gustou a expo... 

Curiosearon todo!
E por como quedaban as mesas despois de cada recreo, parece que polo menos, dinámica e interactiva, si foi... 

Ai, mimadriña!!


Sem comentários:

Enviar um comentário