En 1º de Primaria botamos todo o ano a aprender todo, todo, todo, sobre o millo. E a aprender de todo, todo, todo, desde o millo.
Como estabamos moi orgullosas, decidimos facer un libro que recollese todo o que investigamos e descobrimos nestes meses, e como era un libro quixemos celebrar con el o 23 de abril.
Así que falamos con Mario, que é o Bibliotecario de Cuntis, e preguntámoslle se poderíamos dar unha charla na súa biblio para que puideran vir as nosas familias.
E Mario dixo que si.
E alá fomos o 21 de abril a demostrar que somos expertas e expertos.
En clase prepararmos unha presentación que fomos, entre todas, explicando para o público.
Igual non o sabedes, mais hai moitos tipos de millo. |
Aprendemos desde a raíz até o froito... |
Mesmo demos co mundo artístico...
E cantamos todas e todos xuntos! |
As nosas profes estaban moi contentas! |
E non foi para menos. As nosas familias alucinaron co moito que sabemos e co ben que falamos en público.
Iso si, non foron as únicas que levaron unha sorpresa...
Todas levamos o noso exemplar do libro do millo! |
E démoslle un a MArio para a Biblio de Cuntis!
Diíxonos que o ía poñer nas estanterías para que o vise toda a vila! |
O vídeo resumo de toda a tarde, aquí:
Sem comentários:
Enviar um comentário