terça-feira, 27 de junho de 2017

Teatro de sombras

Que é isto? 

Cousas raras facedes na biblio!!
O esquelete, para que?

Ahhhhhhhhh!
Pois! Para un teatriño!

En 1º ESO botamos medio curso a preparar as nosas obras teatrais. Chegado o último día de escola, decidimos convidar a quen quixese a asistir á nosa función. 

Preparamos textos inspirados nas trastadas e trangalladas da mitoloxía grega; as súas pelexas, os seus abusos de poder, os seus conflictos infantís... E deseñamos as nosas silluetas para ver ás escuras... 

E viñeron nenas e nenos chegadas de todas as clases! Desde 3º de Primaria até 3º PMAR. 

O público foi atento e respectuoso.

As actrices estaban algo nerviosas... 
Pero todo saiu ben!! 

Representamos seis, seis!, obras teatrais. 

E a crítica respondeu positivamente. Todas aprobadas!!

Un barco para Aquiles...
Cerbero e a súa caseta do Inframundo.

Hermes no alto da torre máis alta.
Caronte e a lagoa Estixia...
O temido castelo de Hades!
Ai, Venus, que farías?!

Non podía haber mellor despedida de curso!


Pequenas

Si, algunhas somos pequenas, e non chegamos ás estantes de arriba de todo e perdemos de saber que libros hai que comecen por A.
Así que encargamos algún escano para poder chegar até o infinito e máis alá... 
E tivemos a sorte de que en 4ºESO xa saben ler instrucións e teñen boa disposición e souberon montar os banquiños para que as pequenas cheguemos aos libros máis altos. 

Mellor andar aos parafusos...

..que a buscar información para os traballos da escola... 

segunda-feira, 26 de junho de 2017

Aprendemos a CDU

Tiñamos que aprender como está organizada a Biblioteca, mais non demos feito en medio curso. Ao final, puxémonos co conto. 
Ao tempo que organizamos as Ciencias Naturais e as Ciencias Aplicadas, no mini-grupo de Lengua de 2ºESO aprendemos en que consistía iso da CDU para explicarllo ao resto do centro. 

Ademais de aprendelo nós, revisamos toda a Biblioteca para comprobar como está distribuida. Para iso sinalizamos provisoriamente cada estante coa cor que lle correspondía. A idea é ter unha visión inicial para decidir modificacións de cara ao curso que ven. 

Preparando o mural básico
Clasificación Decimal Universal

O noso primeiro mural, chispas!

Ao tempo, fomos sinalizando estantes... 

611. O Corpo Humano

E preparamos uns xogos por equipos para comprobar que a rapazada comprendía isto da CDU: 

Un asociar cada libro á sua cor e número...

Escollendo os libros para cada tema.
Outro para emparellar ETIQUETA e LIBRO e así entender esa pegatina do lombo....

Moha preparando as listaxes de etiquetas...
O caso: non houbo tempo. Enredamos un pouco, fomos algo lentas e, ao final, non puidemos facer as sesións para as compañeiras da escola. Pero quedou todo listo para facelas o curso que ven... 


En setembro, CDU!





 

Viva Carlos Casares!

O venres 12 de maio, o alumnado de 2º ESO do noso centro achegouse até a Biblioteca Municipal de Cuntis. Alí participou nun xogo interactivo arredor da figura de Carlos Casares, autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. 
A través de xogos de preguntas e probas a rapazada coñeceu un pouco máis tanto a vida e obra de Carlos Casares como o funcionamento e instalacións da Biblioteca Municipal. 


O dado decidía que tipo de proba habían de afrontar os grupos.



...como buscar libros de animais por toda a Biblioteca...
Xa sabedes... 

O galo de Antioquía


A galiña azul


O can Rin e o lobo Crispín


Un polbo xigante...



Ou crear portadas de libros imaxinarios... 

Agardamos que as colaboracións coa Biblioteca Municipal continúen... 


quarta-feira, 21 de junho de 2017

As Letras e as Mulleres

Vendo que o Día das Letras Galegas é un día sen mulleres (3 en 54 anos! Que vergonza!!), desde o Servizo de Igualdade do Concello de Cuntis convidaran a unha grande poeta galega, Yolanda Castaño, para que visitase o noso centro e tivese un encontro co noso alumnado. 

Teríamos así unhas Letras máis inclusivas e menos sexistas. 

Yolanda trouxe con ela, o 18 de maio, toda unha nómina de poetAs que ben merecen letras e días e que case sempre descoñecemos, ademais de axudar ao alumnado de 3º e 4º ESO que non andaba de viaxe a facer os seus primeiros poemas. 

Listaxe colectiva de escritores... Só unha muller: Rosalía, cal vai ser? 
Mulleres irmandadas... descoñecidas!
Autoras de hoxe e os seus versos

O alumnado repartiuse en grupos para traballar cada un partindo dun deses versos de poetas galegas... Veña a poetar!!

Os grupos de cheo no traballo de que os pille a inspiración.
Chega? Non chega??
Asesoramento privilexiado!



Arrumando as Ciencias

Pensamos que a mellor maneira de aprender é facendo, así que a mellor maneira de aprendermos a ter a biblioteca ordenadiña e ben arrumada é arrumando e ordenando. 
Primeiro estivemos a revisar a sección máis grande, a de narrativa, mais esquecemos facer fotos para ensinarvos aquí. 

E despois entrámoslle ás ciencias naturais: 

A idea era simple. Nas mesas (si, desculpas, ocupamos as mesas durante días) colocamos cartelas cos apartados da CDU que iamos utilizando. Retiramos os libros das estantes e fomos adxudicando a cada monte. Aproveitamos para EXPURGAR, é dicir, desbotar volumes obsoletos, destragados ou vellos. 

Cando? Case sempre nos recreos... 

Escollemos ciencias porque, quen non gosta dos animais? 
Libros en montes

Moooooooontes!!

Decidindo que tema trata o libro... 
Con algúns era fácil (aves! Peixes e réptis!). Con outros...
Menos mal que veu ao noso rescate o grupo de Ciencias Aplicadas de 4ºESO, porque tiñamos un bo lío motando co 55. e o 54 da CDU. Ah! non sabedes que é a CDU? Aquí a está, explicadiña...

A profe de Bioloxía, María Xosé, revisando libros con nós. Ao fondo, mais revisores/as.

Demos ordenando as Ciencias Naturais! E vimos onde faltaban libros de interese para as próximas compras. E levamos o corpo humano para o seu sitio, e mesmo chegamos a reorganizar tamén o apartado 6, das Ciencias Aplicadas

E aprendemos algo do funcionamento das Bibliotecas. Moitas nin sabían que había unha orde!!!


A Árbore dos libros: Quen é Quen?

E para saber quen eran todas esas meniñas e meniños propuxemos un concurso: unha quiniela. Dun lado os nomes do profesorado (e non só) participante. Do outro os números dos murais. O obxectivo, unir cada ovella coa súa parella.

A caixa de votacións...
As papeletas de votación...

As longas fileiras para votar...
Voto ben reflexionado, é claro!

No Club de Lectura, a mesa de escrutinio:

Suma, suma, suma.
Unha chea de votos!

E ningunha acertante total! E unha máxima acertante de oito, señora!, oito número. Realmente, máis que unha quiniela, cheirou a bonoloto...

A gañadora!!










A árbore dos libros

E enchemos a ábore de follas. Desta vez tocounos ás velloucas e velloucos da escola. Como levamos máis lecturas ao lombo, escollemos as nosas preferidas para partillar e xuntámolas nun mural. 

Quen quixo fixo a súa, pero sen colocar o nome. As únicas pistas: os nosos libros preferidos e unha foto de cando eramos crianzas. 

O papel do alumnado: adiviñar QUEN É QUEN. 

Aproveitamos para lucir en exposición eses libros nosos tan queridos que fan parte dos fondos da Biblioteca. 

A árbore con follas loce moito máis!!

Meniña con bolso elegante...
Meniña que tira de triciclo...
Meniña de sombreiro branco...
Meniña con Reis Magos...
Meniño con gorra de paseo...
Meniña con manado de globos...
Meniño con chapeu de festa...
Meniña con cariña de boa...

Meniña con xerxei de raias...
Meniño con gorra e cara de traste...
Meniña ben comportada...
Meniña de vestido novo...
Meniño? Meniña?
Meniño sen sombreiro nin gorra...
Meniña de cabelos curtos...


E a expo de boa parte dos nosos libros preferidos: 

Algúns de todos eles!!!