quinta-feira, 31 de maio de 2018

Fin de obras (por este curso)

XA!

Non pintamos máis! Non movemos máis estantes! Deixamos as mesas onde están!

Así queda a Bilio até que continuemos con pequenas mudanzas durante o verán e o curso que vén:

Este é o espazo ampliado... nótase na cor das baldosas.

Parécevos pouco? Pois non vexades canto gañamos en luz (ese ventanal) e amplitude!

Dividimos a biblio en tres zonas, separadas por estantes, pois non conseguimos, por agora, reducir máis o número de librarías:

A novedade deste ano, a zona de lecer, no fondo, cos murais recén acabados...

Instalamos proxector e pantalla, que non tiñamos...

No espazo central, zona de traballo.

Decidimos organizar as mesas para o traballo en grupos cooperativos. Os módulos novos que compramos serven para transformar as mesas de catro/seis postos en mesas de asemblea. 


Queda un espazo amplo polo que poden circular mesmo as cadeiras de rodas ;) 


Coas novas mesas, a medida, para os equipos informáticos, ampliamos tamén o espazo na zona da entrada.

Só falta reitrar esas estantes que se ven na imaxe, que separan a zona de xestión da zona de uso. A intención e facer ese traballo agora cando acabe a escola, pois facelo durante o curso afectaría ao uso diario da Biblio. 

Queremos a Biblio!

As obras de pintado realizadas durante o mes de abril serviron para avaliar o uso da Biblioteca por parte da comunidade escolar. 
Aínda que non impedimos o préstamo de fondos, si tivemos que restrinxir o acceso e uso da zona de lectura informal, pois era onde estaba a traballar o alumnado de Plástica e había materiais perigosos para a integridade dos libros: cacharros de pintura. 

Ai, a que fixemos!

TODO PROTESTAS!!


A ver se acaban dunha vez, bonito queda pero xa podían espabilar, e cando podemos usar a biblio outra vez, e cando podo ir co grupo á biblio, aínda non acabaroooon, moito chiaban os oídos!!

Mesmo contamos con algunha acción boicotadora...

Se non nos deixades estar alí, traemos os pufs para aquí!!

O bo de todo isto é que quedou claro que a Biblioteca xa é un recurso NECESARIO para moitas persoas na escola. Xa falta menos para que o consideren IMPRESCINDÍBEL!

De obras outra vez!!

Cando fixemos a amplicación da Biblioteca, no nadal, quedaron as marcas da antiga presenza do tabique nos muros e nas columnas. A Profa de Educación Plástica comprometeuse a facerse cargo, co seu alumnado, do pintado deses muros. Ademais, propuxo deseñar uns murais para decorar as paredes do fondo e así eliminar monotonía. 

Como en 3º ESO teñen un contido estupendo, o punto e a raia, co seu correspondente estándar e os seus critérios de avaliación, inspiráronse en pinturas non figurativas para deseñar as súas propostas de murais. 

Isto, que é marabilloso, voltou trastocar o uso diario da Bilioteca...

Outra vez de obras!!!

Chegamos un día á Biblio e xa a rapazada retirara estantes, mesas cadeiras, enchera todo de papel de xornal e nos deixaron sen recanto informal mentres lle daban ao pincel e ao rodo.


As propostas seleccionados para utilizar de modelo. 

A preparar as pocións de Panorámix.

Un dos murais propostos

Rascuños en xiz...

O obradoiro das artistas

Do papel á mesa, da mesa á porta... 

Pintora concentrada no traballo.
O segundo mural en proceso tamén...






quarta-feira, 30 de maio de 2018

CDU: redistribución

Coas obras novas na Biblio, acompañadas do expurgo de volumes conseguimos reducir o número de librarías e de livros por andeis. Aproveitamos para redistribuir os fondos e establecemos zonas diferentes seguindo a CDU, tentando que seguise, na medida do posível, a orde numérica no espazo.


Colocamos cartelas provisionais para termos en conta na nova sinalización

Demos máis visibildiade aos libros máis atractivos.

a sección de ciencas continúa a ser unha das máis completas...
...e locen nela os fondos novos, para todas as idades.

A banda deseñada mudou de lugar, perto da zona de lectura informal.


O caso é que, coa ampliación da Biblioteca e a mudanza de estantes e fondos, boa parte do traballo feito polo alumnado de 2ºESO quedou desfasado; e a súa proposta de formación de usuarias, suspendida. 

CACHIS!!






terça-feira, 29 de maio de 2018

8M: o saber das avoas

Dentro do Proxecto Bata, as profas de Infantil fixeron a súa adpatación.

En vez de convidar ao alumnado a entrevistas ás avoas (que aínda estamos a aprender!), convidaron ás avoas a vir á escola a contar dos seus traballos.

Que ben o pasaron, as avoas e a niñada de netos e netas!

As avoas que aceptaron o convite, dispostas para contar.

A avoa costureira a patronear en directo!

Outra das avoas contando da súa vida.
 
Cantas preguntas temos para facer!




8M: Proxecto Bata

Como actividade de investigación e creación para o 8M propuxemos, en coordinación coa Comisión de Convivencia do centro, toda unha serie de materiais para traballar nas titorías.

Entre todas elas, a nosa preferida é a do Proxecto Bata, que tivo grande acollida, sobretodo entre o alumnado (e profesorado) de Infantil e Primaria.

Escollemos entre as nosas avoas, tías, nais, bisavoas, veciñas, unha que pensásemos que debíamos homenaxear por traballadora e contamos a historia de traballos por trás da sua bata, do seu babi.

E fomos partillando, batas e historias, no tendal da entrada do centro.

Axudaron grandes...

... medianos...

...e medianas.

Compartimos con toda a comunidade historias maravillosas. 

Os rachetes das silvas...

Cobrar menos que os homes...

A miña herdanza...

O noso orgullo!
Batas no tendal, coa súa historia.

En infantil fixemos, cada nivel, a nosa bata de fotos e avoas.
Con bata, sen ela, acompañada de historia ou non... todas traballadoras!

Así lucían os traballos!!
Así chamaban polo público!!





8M: e cando as mulleres non traballamos?

Esa foi a pregunta que nos fixemos en alto desde a Biblioteca. 

Así que preparamos unha exposición de fondos nos que aparecesen mulleres traballadoras e pioneiras nos seus ámbitos, fosen artísticos, científicos, técnicos. 
para sabermos máis delas e animar a coñecer os libros, preparamos un xogo, en realidade unha versión dun clásico: 


QUEN É QUEN? 



A exposición e o xogo (resolto).


Anímaste a xogar?

As mulleres sen nome (mais con profesión)

E houbo quen xogase? Houbo!!

Veña! Míralle aí!
 
E será esta Mae Jemison?


Non é! Non é!

Que o pon aquí!!

De moitas mulleres soubemos! Tantas das que ninguén nunca nos falara!! 








Mensaxes de amor

O 14 de Febreiro é o Día (tan comercial) d@s Namorad@s.
O 21 de Febreiro é o Día Internacional da Lingua Materna

Como o Equipo de Dinamización Lingüística ten este ano un proxecto sobre Lavandeiras, lavadoiros e canteiría, e o alumnado anda a coñecer e descubrir o LATÍN DOS CANTEIROS, propuxemos fundir as dúas datas nunha soa proposta: 

Escribe a túa mensaxe de amor na lingua dos canteiros. 

Con dicionarios á man, para quen quixese inspirarse, o panel foise enchendo de mensaxes até quedr repleto de amor, às persoas e à lingua. 


O mural en pleno proceso.

Materiais de consulta (que difícil conseguir dicionarios ou glosarios!)



Clubs de estrea!

É posíbel que as persoas que máis agradecemos a chegada do mobiliario novo sexamos as integrantes do club de lectura. 
Non ten nada que ver xuntarse arredor dunha mesa para falar de libros, que facelo na brandura dun coxín. O primeiro está ben e faise; o segundo xa é luxo. 

Ben se nos ve nas caras a felicidade de ter un recanto na Biblio para as nosas tertulias. 



No club de secundaria esquecemos falar do libro...
 
Vésenos as caras de contento, a que si?

O club de Primaria demostra que igual fan falta mais pufs...

Así, recitamos o que nos boten!!