Como xa vos contamos por aí atrás, o Equipo de Dinamización Lingüística do centro, doounos o xogo de mesa elaborado o ano pasado polo alumnado:
Nós somos o mundo: lingua e patrimonio de Cuntis
Como houbo algunhas espontáneas que o utilizaban nos recreos, fixemos a proposta:
- E por que non organizades un certame durante os recreos?
E nada. Unhas bases redactadas, un paseo propagandístico polas aulas, unha folla de inscrición e torneo argallado!
A expectación era grande... |
Non sabemos se pola emoción do xogo ou pola estrea do sofá...
Resposta correcta!! |
A dúbida chegou! |
O torneo estendeuse polos recreos de secundaria durante dúas semanas. Participou, sobre todo, alumnado de 1º e 2º ESO (podían facelo por parellas).
As gañadoras, campioas de coñecementos das terras do Umia foron Noa Magariños e María Santos, as dúas de 1ºESO.
Sem comentários:
Enviar um comentário