Coas obras novas na Biblio, acompañadas do expurgo de volumes conseguimos reducir o número de librarías e de livros por andeis. Aproveitamos para redistribuir os fondos e establecemos zonas diferentes seguindo a CDU, tentando que seguise, na medida do posível, a orde numérica no espazo.
|
Colocamos cartelas provisionais para termos en conta na nova sinalización |
|
Demos máis visibildiade aos libros máis atractivos. |
|
a sección de ciencas continúa a ser unha das máis completas... |
|
...e locen nela os fondos novos, para todas as idades. |
|
A banda deseñada mudou de lugar, perto da zona de lectura informal. |
O caso é que, coa ampliación da Biblioteca e a mudanza de estantes e fondos, boa parte do traballo feito polo alumnado de 2ºESO quedou desfasado; e a súa proposta de formación de usuarias, suspendida.
CACHIS!!
Sem comentários:
Enviar um comentário