Como actividade de investigación e creación para o 8M propuxemos, en coordinación coa Comisión de Convivencia do centro, toda unha serie de materiais para traballar nas titorías.
Entre todas elas, a nosa preferida é a do Proxecto Bata, que tivo grande acollida, sobretodo entre o alumnado (e profesorado) de Infantil e Primaria.
Escollemos entre as nosas avoas, tías, nais, bisavoas, veciñas, unha que pensásemos que debíamos homenaxear por traballadora e contamos a historia de traballos por trás da sua bata, do seu babi.
 |
E fomos partillando, batas e historias, no tendal da entrada do centro. |
 |
Axudaron grandes... |
 |
... medianos... |
 |
...e medianas. |
Compartimos con toda a comunidade historias maravillosas.
 |
Os rachetes das silvas... |
 |
Cobrar menos que os homes... |
 |
A miña herdanza... |
 |
O noso orgullo! |
 |
Batas no tendal, coa súa historia. |
 |
En infantil fixemos, cada nivel, a nosa bata de fotos e avoas. |
 |
Con bata, sen ela, acompañada de historia ou non... todas traballadoras! |
 |
Así lucían os traballos!! |
 |
Así chamaban polo público!! |
Sem comentários:
Enviar um comentário