No 25N pensamos e actuamos.
Despois de reflexioanr, através das lecturas os audiovisuais compartidos, o alumnado de Infantil e Primaria decidiu que quería demostrar que o presente e o futuro son diferentes. Para iso, decidiran fotografiarse por parellas partillando tarefas e actividades que moitas persoas aínda cren que só valen para un xénero ou outro, mais que elas demostran que non é así.
Dando a cara.
|
Todas e todos a facelo todo. |
|
Cociñar, pasar o ferro, nadar, medir, xogar con camións... |
|
Revisar o motor do coche, xogar ao badminton, varrer, facer ballet... |
|
Xogar ás construcións, ser perruqueiras, coidar os bebés, facer a compra... |
|
Moito aprendermos as maiores... |
|
... E as pequenas! |
Sem comentários:
Enviar um comentário