Cando fixemos a amplicación da Biblioteca, no nadal, quedaron as marcas da antiga presenza do tabique nos muros e nas columnas. A Profa de Educación Plástica comprometeuse a facerse cargo, co seu alumnado, do pintado deses muros. Ademais, propuxo deseñar uns murais para decorar as paredes do fondo e así eliminar monotonía.
Como en 3º ESO teñen un contido estupendo, o punto e a raia, co seu correspondente estándar e os seus critérios de avaliación, inspiráronse en pinturas non figurativas para deseñar as súas propostas de murais.
Isto, que é marabilloso, voltou trastocar o uso diario da Bilioteca...
 |
Outra vez de obras!!! |
Chegamos un día á Biblio e xa a rapazada retirara estantes, mesas cadeiras, enchera todo de papel de xornal e nos deixaron sen recanto informal mentres lle daban ao pincel e ao rodo.
 |
As propostas seleccionados para utilizar de modelo. |
 |
A preparar as pocións de Panorámix. |
 |
Un dos murais propostos |
 |
Rascuños en xiz... |
 |
O obradoiro das artistas |
 |
Do papel á mesa, da mesa á porta... |
 |
Pintora concentrada no traballo. |
 |
O segundo mural en proceso tamén... |
Sem comentários:
Enviar um comentário