Para deixar a Biblioteca preparada para as obras de Nadal, recibimos unha orde:
Hai que deixar libres as paredes para tirar e tapar todo o máis posíbel por cousa da poeira...
MIMÁ!!
Menos mal que temos un equipazo de voluntarias e voluntarios que non nos deixaron soas na tarefa e, entre recreos, horas de garda e algunha hora de clase roubada, fixemos o que parecía imposíbel.
 |
Optamos por gardar os libros en caixas. |
 |
Teoricamente por orde... |
 |
Baleirar estantes e estantes... |
E acabamos as caixas e aínda quedaban libros...
 |
E cambiamos de opción.A biblio ía perdendo volume(s). |
 |
E os libros foron a monte para despois ser tapados... |
 |
E xa o de ordear... quedou para a volta! |
 |
Que sensación estraña! |
 |
A cousa case está! |
 |
Trabalho feito!!
|
 |
Iso si, non todo vai ser traballar!!! |
O mellor de todo: que o feito de termos a biblioteca desmontada non impide a quen o desexa, gozar da lectura.
Sempre encontramos onde!!
 |
Adoramos! |
Sem comentários:
Enviar um comentário