quarta-feira, 23 de maio de 2018

Obras!!!

GRANDE NOVA
GRANDE NOVA!


Acaban de comunicarnos desde a Dirección do centro que unha das nosas propostas vai facerse real durante as vacacións de Nadal...

Temos un local grande, luminoso e espacioso...


... e moooooi longo!

E temos un corredor ao ladiño longo e escuro que non aproveitamos nada... 

Así que pedimos que tirasen parte do tabique que separa a biblio do corredor para incorporar parte deste ao local.


Un dos muros que van cair é ese de aí... 

E a metade do muro amarelo...

Claro que para facer a obra teremos que retirar libros e estantes e mesas e... 

Ai, canto traballo!!!



Sem comentários:

Enviar um comentário