Mostrar mensagens com a etiqueta mobiliario. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta mobiliario. Mostrar todas as mensagens

terça-feira, 23 de junho de 2020

Fondos Dereitos Humanos

Unha novidade deste ano foi o noso expositor exterior para o Tema Transversal.

Adquirimos un anaquel novo, ben xeitoso, que nos permite ter visíbeis e accesíbeis todos os fondos que propomos para traballar o Tema Transversal. 

Estivo todo o curso cheo de novedades e actualizacións!

Cheo de libros, como debe ser!



domingo, 9 de junho de 2019

Gústanos a nosa Biblio...

...e sabémolo porque a utilizamos en substitución das aulas.

Aínda non acabamos de reorganizala, pero xa preferimos vir traballar para ela e estar nas clases.

A verdade é que nos está a quedar moi versátil e cómoda...

Temos mesas para traballar en equipo...
O recanto novo permite conversas e acordos...
Traballar sentadas no sofá non é igual que nunha cadeira. Porfavoriño!
E podemos recolocar todo segundo as nosas necesidades!
A verdade é que agora baixamos seguido!!

Imaxinade cando esté acabada!!



Ai, que temos que acomodar todo!

Por fin temos as obras finalizadas. En maio nos pillaron. Case sen tempo para gozar o fin de curso!

Así que levamos varios recreos a traballar como tolas para reorganizar o espazo...

Estantes colocados. Libros ao seu (novo) lugar!
Que tal esta estantería aquí? Noutro lugar?
Na estantería nova  e enorme, recolocar toda a LIX
Na outra nova e case enorme, todas as Ciencias da Natureza...
A cousa vai indo!!
Ese non é de aquí. Lévao para o fondo, onde os da ESO....
Por orde alfabética! Por orde alfabética!
Temos un moble novo para pelis e música...
E un recanto novo de lectura e xogo...
A ver, a cousa vai indo... 

Que marabilla de espazo nos está a quedar!!










quinta-feira, 6 de junho de 2019

De obras: vai indo!

As obras da Biblio andan como as da Sagrada Familia de Barcelona: lentas. 

Xa están fóra os tabiques, mais falta retirar parte do material que había no vello almacén e acabar as estanterías novas. 

O que si podemos facer e ir colocando libros. E niso andamos!

Teito novo, espazo novo!
A porta misteriosa pasou a arco de acceso libre
Que grande se ve!
E xa pintado, como novo!!
O traballo pasou a ser colocar os libros retirados, novamente. E redistribuir a Biblio. Despois dun par de recreos paponeando para as paredes, optamos por deixar o recanto novo como zona de estudo silenciosa, desprazando para aí sección 8 da ESO. 

Probando a mudar estantes e crear recantos
E xa temos recolocados os libros!!!
Porén, aínda non está todo listo...

Falta a estantería xigante!
E a medio-xigante!

Quen sabe, igual ao acabar o curso está lista!








quarta-feira, 5 de junho de 2019

De obras outra vez!

Tivemos a Biblioteca pechada en xaneiro por causa do desastre inundativo. E, acabando o segundo trimestre, temos que voltar fechar. Sempre para ben. 

Imos facer a última obra: tirar un novo tabique para aumentarlle uns metros máis o tamaño, eliminar a porta do Museo Xesús Ferro Couselo para que permaneza sempre aberto e facer unhas novas estanterías en compensación polas que destragou a auga. 

Como sempre,  tamén, é o alumnado do centro quen axuda no traballo: 

Todas esas estanterías temos que baleirar...
Levar para os Departamentos libros que nos sobran...
Toda a narrativa de Educación Primaria!!

Todo Infantil, aquí!
Ai, a butaca de contar!
Mais nada incomoda ao Booking, que continúa a ler tan tranquilo!









terça-feira, 4 de junho de 2019

A butaca de contar

Como o tema transversal do centro este ano é a tradición oral, decidimos aquelar a biblioteca para o caso. Chegou un día un enorme paquete que, ao abrirmos desvelou unha butaca de orellas e unha folla de instrucións. 

Butaca de contar: 
só pode sentar nela quen conte unha historia
ou, na verdade, 
quen senta nela sente irremediabelmente vontades de narrar. 

E comprobamos que funcionaba. E non só conta quen senta nela. Quen senta darredor, escoita!

Sen argallar aínda propostas de contada, a butaca facía efecto.
Nos recreos as axudantas do Booking só facían unha advertencia:
- Ai, non, se queres sentar aí, tes que contar un conto...

E veña contos para aquí!
E cada vez máis público!
As usuarias acrescentaron outra única norma: 
- Ai, se queres ter ao Booking no colo, tes que sentar na butaca e contar un conto...

E o número de contadoras aínda creceu máis!!
Como non podía ser menos, no mes do medo, os contos foron de terror... e ás escuras!

Ui, que medo!!
Está claro, todas gostamos de contar. É só dar un tempo e un espazo para iso e saen contadoras de debaixo das pedras. 






terça-feira, 29 de maio de 2018

Clubs de estrea!

É posíbel que as persoas que máis agradecemos a chegada do mobiliario novo sexamos as integrantes do club de lectura. 
Non ten nada que ver xuntarse arredor dunha mesa para falar de libros, que facelo na brandura dun coxín. O primeiro está ben e faise; o segundo xa é luxo. 

Ben se nos ve nas caras a felicidade de ter un recanto na Biblio para as nosas tertulias. 



No club de secundaria esquecemos falar do libro...
 
Vésenos as caras de contento, a que si?

O club de Primaria demostra que igual fan falta mais pufs...

Así, recitamos o que nos boten!!



segunda-feira, 28 de maio de 2018

A Biblio dos pufs

O que máis gozamos das compras novas para a Biblio non son os libros estupendos cos que renovamos os fondos, nin o sofá, nin as mesas de traballo novas, nin o proxector...

O mellor da Biblio, como xa pedimos nos nosos planos, son os pufs!  

PUF! PUF? PUF!

Así da gusto escoitar á profe contar contos!

Así da gusto ver como as profes se animan a vir á Biblio para facer as clases...

Quen non atende así aos contos!
 
E como somos pequenas, cabemos todas nuns poucos....



Ordenamos todas!!

Aínda que o groso do traballo de reorganización espacial da Biblioteca o fixo o alumnado de secundaria, non foi o único que traballou...

Cando chegaron os carros novos, foron elas que ordenaron:

Se non é difícil!


E menos se nos axuda a profe Carmen.

Que ben nos organizamos!



Vida de recreo 1

Na escola temos recreos diferentes en primaria e secundaria. Iso fai que ás veces queiramos usar a Biblioteca para unha sesión de clase unhas, mentres están de recreo outras, ou ao revés. 

NO PROBLEM!


Por iso estamos a acomodar a Biblio con espazos e recantos diferenciados, para que poidamos partillar o espazo sen incomodarnos unhas ás outras. 


Unhas poden practicar a lectura compartida na mesa nova...

Ou na pequena de infantil, mentres os grandes, ao fondo...

... practican a arte do xadrez...


Concentración!!

Dá gusto ver que os espazos novos teñen uso!



Chegou o sofá!!!

Un dos trucos de Booking para conseguir a colaboración do alumnado na reordenación da Biblio foi sinxelo:

- Ai, xa chegou o sofá, pero mentres non fagamos sitio ordenando, non o podemos poñer...

Catro recreos levou arrombar todo (máis ou menos)!

E isto como será? Míralle aí!


Aprendendo a ler textos instrutivos!


Parece que sabemos ler!


E chegou a vez do sofá!

Volta a comezar! Esquecemos un paso!

Para que virar o moble se podemos levantalo entre seis?

Que bo é o SR. PLAMBE, que nos enviou un sofá!

Pero isto non acaba de coller xeito!! Paciencia!