terça-feira, 4 de junho de 2019

A butaca de contar

Como o tema transversal do centro este ano é a tradición oral, decidimos aquelar a biblioteca para o caso. Chegou un día un enorme paquete que, ao abrirmos desvelou unha butaca de orellas e unha folla de instrucións. 

Butaca de contar: 
só pode sentar nela quen conte unha historia
ou, na verdade, 
quen senta nela sente irremediabelmente vontades de narrar. 

E comprobamos que funcionaba. E non só conta quen senta nela. Quen senta darredor, escoita!

Sen argallar aínda propostas de contada, a butaca facía efecto.
Nos recreos as axudantas do Booking só facían unha advertencia:
- Ai, non, se queres sentar aí, tes que contar un conto...

E veña contos para aquí!
E cada vez máis público!
As usuarias acrescentaron outra única norma: 
- Ai, se queres ter ao Booking no colo, tes que sentar na butaca e contar un conto...

E o número de contadoras aínda creceu máis!!
Como non podía ser menos, no mes do medo, os contos foron de terror... e ás escuras!

Ui, que medo!!
Está claro, todas gostamos de contar. É só dar un tempo e un espazo para iso e saen contadoras de debaixo das pedras. 






Sem comentários:

Enviar um comentário