quarta-feira, 5 de junho de 2019

Amor amor amor

- Tenho unha proposta para vós.. 
- Cal?
- Xa que temos a Biblioteca feita un cristiño, mentres, podíades preparar algo para o 14 de febreiro. 
- Ai, si, si si!
- Eu pensei nunha cita a cegas con libros. Sabedes. Escollemos libros, facémoslle unha ficha con pistas e os empaquetamos. Despois a xente ten que escoller o libro a cegas, guiadas só polas pistas. 
- Ah! -decepción- nós pensabamos que ía ser un MHYV... 
- Ai, iso non acho que sexa para facer nunha escola. Temos que negociar... 

E negociamos. 
E demos sacado algo que nos valía a todas, ás activistas e ás bibliotecarias. 

- Polo menos un anuncio poderemos gravar...

Gastamos recreos en preparar a propaganda
O decorado dá pistas do tema do concurso....
Siiii, 

CONCURSO DE POEMAS DE AMOR!


Aarón editou e preparou o anuncio, e despois, elaboradas as bases, repartíronas polas clases, animando á participación. 

E, sempre dá gusto: sobre todo en Educación Primaria, a participación foi ben alta. Houbo que seleccionar finalistas e comprar unha chea de libros para regalo... 

Organizando os poemas recibidos...
Poemas de todas as castes e estilos.
E as obras finalistas, claro!
E houbo que montar outro obradoiro de empacotado. Este saiu algo mellor. Imos avanzando!

Papel encarnado, non podía ser menos!

Unha vez que o xurado, ou a organización, que todo era o mesmo, escolheu os poemas gañadores, convocou a todo o alumando participante á entrega de premios, lectura de textos mediante. 

Unha chea de público namorado da poesía ateigaba o salón de actos.
A organización adora ter o micro na man...
E as artistas non tiveron problema en ler e compartir os seus textos.

Un viveiro de poetas temos na escola. 
E un grupo de activistas brutal!




Sem comentários:

Enviar um comentário