quarta-feira, 5 de junho de 2019

Ai, hecatombe!!!

Só dous elementos teñen capacidade para destruir os libros. O lume e a auga. Lume non houbo. Auga. Auga foi o que encontramos o 20 de xaneiro. Auga que corría a cachón polas escaleiras e muros e teitos desde o segundo andar do centro. E que chegou á Biblioteca. 

NOOOOOOOON!


Unha sorte tivemos: 

Do teito non chegou a pingar... 
Correu a auga polo chan...

Estropiou canto tiñamos polo chan, como libros de expurgo....
E o mobiliario, con zócalo, salvou todos os fondos das estantes
Elas, superheroínas, sacrificáronse polo ben común.
Aínda que non evitaron que o dano chegase a algunhas palabras.
Ai, podia ser peor, pero vaia!!
Booking está depresivo por ver así a súa gorida...
Aquela piñata que estabamos a facer? Perdida na inundación, sniff!

O pior foi no exterior da Biblio... 

Preparamos un recanto do Museo que perdemos na arroiada: 

O recanto das adopcións, enchoupado.
As pezas doadas, danadas. Ains!!!
A ver se nos damos reposto desta!!
Mentres tanto, 

BIBLIO PECHADA






Sem comentários:

Enviar um comentário