quarta-feira, 5 de junho de 2019

8M: Estivo Dorothé na túa casa?

Como fundir o 8M, Día Internacional da Muller Traballadora, co tema transversal do curso: De boca a orella, a tradición oral

Pois moi fácil! Coñecendo a Dorothé!!

Dorothé Schubarth foi a protagonista do noso 8 de marzo. Dorothé Schubarth é musicóloga e andou por toda a Galiza recollendo música tradicional para incluila despois nunha obra monumental: O Cancioneiro Popular Galego.

Todo o seu traballo en dez tomos!! 
Curioseando no Cancioneiro descobrimos que Dorothé andou por Cuntis a finais dos anos 70 e recolleu música por casas da zona. 
Así que propuxemos ao noso alumnado unha pesquisa

Estivo Dorothé na túa casa? 


E ao, tempo, xogamos coas cantigas e coplas recollidas nas nosas parroquias. 

Toda a exposición...
Dorothé; quen é, por onde andou, e as súas informantas de Cuntis.
Conseguiremos algún dato máis?
Un dos xogos: localizar o verso que falta.

Concurso: serás tan orixinal como a tradición?
Concurso: o mellor verso para a liña perdida
Sempre: a urna para as papeletas...
Do que máis gostamos foi de xogar, claro.

Pois este non sei onde vai!
Atende á rima!!!

Ah, vai aquí!
Pero non todo nesta vida e brincallar. 

Nas clases de Música todo o alumnado coñeceu a figura de Dorothé, e houbo quen preguntou nas casas, e houbo quen quixo coñecela... 

As de 6º EP consultando o Cancioneiro.
Buah, pero recolleu unha chea de melodías!!!
Decidimos escribir a Dorothé Schubarth para convidala e vir ao centro.... E respostou... Só que até o curso que vén non pode visitarnos. 

Xa estamos impacientes!!

Ah, e demos con unha da informantas de Dorothé Schubarth: a bisaboa de ........ é










Sem comentários:

Enviar um comentário