E, para acabar o ano, presumir do traballo ben feito e partillalo coa comunidade.
Repartimos o traballo de difundir o noso renovado Museo Xesús Ferro Couselo.
En 6ºA EP encargáronse de deseñar o cartaz anunciador. Como os equipos traballaron tanto, tivemos as profas a responsabilidade de decidir cal ía representar o proxecto.
Na variedade está o gusto! |
Este é o gañador: xa podedes vir!! |
O alumnado de 5º EP encargouse no anuncio televisivo:
O alumnado de 4º EP, experto en comunicación, elaborou a cuña de radio que, ademais, foi emitida por RadioEstrada.
E como lles gustou tanto o noso proxecto, convidáronnos a contalo en directo no seu Magacine A Galería 2.0. Podedes escoitar a entrevista aquí, a partir do minuto 75, aproximadamente.
O alumnado de 1º EP deseñou os convites que chegaron a todas as casas e ás amizades que temos no mundo fóra.
E como lles gustou tanto o noso proxecto, convidáronnos a contalo en directo no seu Magacine A Galería 2.0. Podedes escoitar a entrevista aquí, a partir do minuto 75, aproximadamente.
As nosas portavozas de camiño á radio: Marta de 1ºEP, Lara de 3º ESO e Natalia de 5ºEP. |
O alumnado de 1º EP deseñou os convites que chegaron a todas as casas e ás amizades que temos no mundo fóra.
Tivemos modelos diferentes!! |
O alumnado de 4º EP convertiu o logo en coloridas chapas para regalar ás visitas:
O antes e o despois. |
E o alumnado de Informática de 4º ESO deseñou a páxina web onde aloxamos todos os nosos traballos.
Se alguén non soubo da inauguración, foi porque non quixo!
Sem comentários:
Enviar um comentário